Este é o terceiro curso que lemos xuntas. Foron descolgándose algúns nenos pero tamén foi aumentando o número de nenas. Len e gozan da lectura, pero sobre todo gozan recomendándose entre elas as súas lecturas, por iso é difícil manter a proposta dun só libro para todas e prefiren ler ao seu xeito para logo compartir as súas opinións nas reunións. Ademais, dos libro lidos tivemos a sorte de contar con Fernando Domenech, tradutor de "Siluetas na area" quen deixou escrito:
A primeira vez que crucei o limiar do IES Laxeiro, non o fixen por pracer nin porque o buscase especialmente, máis ben todo o contrario. Pero unha cousa son as circunstancias da vida e outra as persoas que podes atopar grazas a estas. O caso é que de alí a pouco, fun dar coa fantástica bibliotecaria do centro, Gracia Santorum, que me ilustrou sobre a tradición literaria do centro, con visitas dos más importantes escritores galegos retratados nunha envexable galería, me mostrou o "Vestíbulo de Igualdade" (parte da biblioteca centrada nesa temática que ocupa á entrada á parte antiga do centro), o fabuloso mural pintado por Laxeiro, e as múltiples actividades realizadas polo alumnado, que ocupan os corredores da zona moderna do instituto, e demostran unha participación e unha implicación diría caseque febril.
Os clubs de lectura de 3º e de 4º de ESO tiveron lecturas, ás veces, comúns e outras veces separadas, segundo os títulos. Tamén, dependendo do número de exemplares, podían coincidir ou non os encontros dos membros.
Por exemplo, o primeiro libro que lemos nos dous clubs de lectura foi
El monstruo de ojos verdes
Un libro que nos encantou e que nos abriu os ollos sobre os malos tratos familiares e a violencia de xénero na casa. Esta reunión foi conxunta.
O segundo que lemos tamén conxuntamente
Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas.
Con este libro tivemos moita sorte porque tivemos un encontro coas autoras, por iso puidemos xuntar asemade os dous clubs de lectura, o de 3º e o de 4º
O club de lectura de 4º de ESO leu despois Ladydi, un libro emocionante de seu.
O libro para nos introducir na poesía foi tamén en ambos clubs
Coraxe. Poemas audaces para rapazas afoutas
Un libro que deu moito de si na reunión posterior, xa que moitas das rapazas e dos rapaces involucrados nunca leran un libro enteiro de poesía, e a pesar do seu evidente esforzo, saíron conclusións preciosas, tanto que ata nos puxeron a pel de galiño pola análise e as conclusións que tiraron da lectura.
En 4º, pola contra, lemos, Campo de plumas:
Outro encontro co autor por parte dos dous clubs: Identidade.
Logo,
Anne, a das tellas verdes
un libro que non gustou nadiña. Vimos tamén a serie en Netflix para comparar, e saíu gañando esta con moita diferenza.
NOVEMBRO:
22 segundos
MARZO:
Xa non estou aquí
Aproveitamos que veu o autor para falar de igualdade con el.
http://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/2019/03/carlos-negro.html
Con el, podemos saber o que supuxeron e supoñen as reivindicacións feministas e as mulleres que as fixeron posible e que nos levaron ata onde estamos, explicando mesmo cuestións tan básicas como que é o feminismo ou o que este ofrece á sociedade; é un texto sinxelo e divulgativo, pero é un texto de acollida, de iniciación para logo achegarnos a outros textos. Sobre todo, entender que estamos onde estamos grazas a tres séculos de loita e que moito lle debemos a quen estivo aí detrás e que, cando menos, debemos coñecer. A loita do feminismo contra un patriarcado que semella invencible (e invisible) segue, e libros coma este son imprescindibles.
Etiquetas: Club de lectura pola Igualdade de 4º de ESO
O 7 de maio volvemos xuntarnos os dous clubs de lectura arredor dun mesmo libro e unha escritora: Eva Mejuto, que veu ao noso instituto para falarnos da necesidade de visibilizar a transexualidade e de tratala con normalidade nas nosas letras, onde había unha ausencia do tema.
Tivemos dous encontros: un co club de lectura de 3º e 4º de ESO e outro co club de lectura de 2º de ESO.
Etiquetas: Club de lectura pola Igualdade de 4º de ESO
Achegámonos á violencia de xénero de forma poética. Un grupo de 23 escritoras denuncias e amosan as sensacións e consecuencias da violencia patriarcal.
é un libro tan impactante como necesario para coñecer de primeira man o mundo da escravitude feminina do século XXI. A lecura provoca noxo e indignación, a certeza de que vivimos nun mundo salvaxe e que miramos para outro lado. Con el, vermos como as mulleres son explotadas para enriquecer un negocio que non debería existir. As mullers son compradas, trasladadas, usadas e intercambiadas mentres son ameazadas. Unha vida que non é vida, un inferno na terra. E uns homes que son conscientes do que están a comprar. Porque os que acoden alí son os verdadeiros culpables. E é que a prostitución é trata de seres humanos. Nin máis nin menos. Rematemos co mito da liberdade e do traballo de prostitución voluntario; debaixo hai coacción, ameazas, violencia extrema, opresión.
Publicacións máis antigas Inicio