Esta novela que pertence a Charlotte Bronte,a cal me gustou moito por que o estilo,a denuncia social e as características dos personaxes principais é marabillosa.
Estamos ante un claro exemplo de feminismo da súa época,é moi fácil de ler é unha obra que engancha moito polo feito de como se narra a evolución da vida da protagonista.
A historia ten varios cambios,comezando pola protagonista,xa que comeza sendo unha desgraciada e pouco a pouco vai cambiando e vai mostrando os seus sentimento en cada situación.
Por outra banda,esta é moi imperecedera con unha heroína de verdade,de loitadoras,desas con personalidades de ferro que non se deixan amedrentar por nada,ni por homes ni por experienzas negativas nin por conyunturas adversas.
Jane Eyre é feminismo en estado puro.
En moitas das partes do libro,deume a sensación de que Jane é en realidade Charlotte,e que todas as dificultades que sofre Jane son só o leve reflexo do que tivo que vivir unha das irmáns Brönte. É unha das obras que te atrapan pero deixanche respirar o final.
En resumo,é unha obra maravillosa,na que se reflexa o machismo no que se vivía e o que sufrian as mulleres e tamén mostra que as mulleres son fortes e loitadoras e podemos conseguir o que nos propoñamos e por outra bando se che gusta a literatura romántica,esta é a obra indicada.
A
abadía de Northanger é unha novela romántica escrita por Jane Austen. A
protagonista é Catherine Morland, unha moza do século XVIII que viaxa a cidade
de Bath, onde transcurre a primeira parte da súa historia amorosa, mentres que
a segunda desenvólvese na abadía de Northanger.
Catherine
Morland vive obsesionada polas novelas góticas e chega a mezclar elementos
destas novelas con situacións da vida real. Durante a súa viaxe a Bath coñece a
Tilney, o cal se enamorarápidamente. Ao pouco tempo a atención de Catherine
céntrase en Jonh, irmán da súa mellor amiga Isabella.
Como
ben dixen anteriormente, a historia desenvólvese en dous lugares. Catherine é
invitada a abadía dos Tilney onde comeza a imaxinar as súas novelas, ata que
Isabelle descobre que a familia de Catherine, non é tan rica como ela pensaba, entón cambia a Morland. Catherine é
expulsada da Abadía de Northanger por descubrir que o señor Tilney era tan pobre
como o seu irmán. Despois dunha discursión entre pai e fillo onde este seugundo
defende achegase á casa de Catherine para pedirlle desculpas.
A
novela pretende trasmitir as ventaxas e desventaxas do amor e que non somos o
que aparentamos ser.
Aínda
que parece a típica historia de amor antiga ca mesma trama das habituáis, esta
ten un toque diferente o que fai que che
guste o que estás a ler. O que máis me gustou foi que é un libro do cal non
esperas que a historia dé un xiro con respecto ás ideas dos persoaxes, a pesar
de que o interesante da obra se desenvolva todo ao final gustoume moito.
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)