PAra alumnado con dificultades de 4º da ESO baixo a dirección de Xandra Quiroga, con 6 nenos e 3 nenas.
Etiquetas: 4º ESO, Club de lectura Matemática, Curso 24-25
Este curso contamos e lemos Matemáticas. Marchou Marga pero veu Edita. Desta volta, un grupo moi reducido de 3º de ESO con 5 alumnas e 5 alumnos que se propuxeron avanzar un pouco máis no camiño lector e na sabedoría da ciencia.
Leron un libro por trimestre:
Los diez magníficos
El asesinato del profesor de Matemáticas
Galegas na Ciencia
Etiquetas: Club de lectura Matemática, Curso 22-23
En 2º de ESO (todo o alumnado era de 2º de ESO - C) tivemos a sorte de contar con Margarita para lermos matemáticas dun xeito lúdico. Ben, non falamos só de mates, senón de ciencia en xeral. E lemos, vaia se lemos!
Etiquetas: 2ºESO, Club de lectura Matemática, curso 21-22
Como toque final dentro do noso club de lectura relacionado co plan proxecta "Donas de si", acudimos a este libro, que nos introduce no universo feminino matemático, tocando figuras case descoñecidas para o público en xeral e que non tiveron a notoriedade histórica que merecían polo feito de seren mulleres. De aí a importancia deste tipo de lecturas que dan a coñecer ao noso alumnado aquelas figuras femininas ocultas pola sociedade patriarcal na que vivimos e que agora debemos ir desvelando pouco a pouco co noso traballo.
Ao final, realizamos un Manequin Challenge para visibilizar e recoñecer o labor das nosas científicas galegas, que podedes ver no blogue da biblioteca.
Etiquetas: 3º ESO, Actividades, Club de lectura Matemática
Este libro resultou moi difícil para este nivel educativo, porque deita olladas diferentes cara a unha figura maxistral e pouco coñecida, pero que serviu de base para logo visionar a película "Agora" e tamén falar dela.
Etiquetas: 3º ESO, Club de lectura Matemática, Películas
O profesor que coordina o club de lectura Matemática decidiu este curso traballar o papel da muller nas ciencias e para iso centrouse nas matemáticas como visibilización daquelas que por seren do xénero feminino estiveron ocultas tanto tempo. De comezo, elixiron este libro:
Realizouse unha lectura demorada debido á complexidade deste tipo de libros.
Etiquetas: 3º ESO, Club de lectura Matemática
Etiquetas: Club de lectura Matemática
Etiquetas: Club de lectura Matemática
Etiquetas: Club de lectura Matemática
O primeiro libro que escollemos para ler no Club de Lectura Matemática este primeiro trimestre foi El diablo de los números, porque traballamos a Aritmética no primeiro trimestre dentro da programación oficial de 4º de ESO, e este libro está relacionado xa que fala de curiosidades dos números como tales. A lectura facémola entre todos e todas unha vez á semana, a medida que avanzamos imos realizando as oportunas explicacións.
Etiquetas: 4º ESO, Club de lectura Matemática
Publicacións máis antigas Inicio