Orixinal proposta para unha novela con catro protagonistas mulleres que
van deitando a súa vida en cadanseu contestador automático. Capítulos curtos que se
corresponden coas mensaxes deixadas, un para cada unha delas, que falan
dunha liberdade frote a un contestador baleiro que simboliza unha era da
comunicación incomunicada, porque o ser humano necesita falar, confesar
os sentimentos, encararse ao padecemento escoitándose a si mesmo. Catro
mulleres diferentes, diferentes xeracións, diferentes niveis culturais,
diferentes situacións que tecen unha rede de relacións que nun
principio semellaba impracticable. Catro mulleres que van fortalecendo o
seu carácter a medida que avanzan as páxinas e que precisan encararse
co mundo que coñecen, trazando o seu propio camiño.
Horrible a idea que nos ofrece do proxeneta, para o noso gusto.
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)