Blogger Template by Blogcrowds.

Amosando publicacións coa etiqueta Clásicos adaptados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clásicos adaptados. Amosar todas as publicacións

Aproveitamos asemade para ver a película, que impactou máis có libro, pois este ten palabras que resultan particulamente difíciles a estes rapaces e rapazas con estas características.




Durante o mes de maio lemos As viaxes de Gulliver do autor irlandés Jonathan Swift, na adaptación de Martin Jenkins, en Vicens Vivens. Antes de empezar a lectura buscamos información sobre o autor e o impacto desta obra no momento de publicación no seu tempo.  Esta actividade resultou especialmente interesante e enriquecedora xa que nos levou a discutir sobre a crenza tan estendida de que As Viaxes de Gulliver é unha lectura infantil.
            Coa lectura por partes descubrimos como  cada unha das catro viaxes que realiza Gulliver representa unha parte corrupta de Inglaterra e como o libro é unha critica ao goberno, á sociedade, á ciencia e á relixión . Nada máis actual e menos infantil! Lendo e comentando a novela, fomos vendo como o libro non é só unha historia dun xigante ou un ser diminuto como pensabamos a priori, chegando incluso a resultar unha lectura complicada por momentos. A dificultade para establecer o contexto histórico e social foi un dos problemas que fomos solucionando ao longo da lectura grazas á agradable prosa de Swift.
            Esta foi a última lectura en común do noso club e, como podedes ver na foto, decidimos  intercambiar os últimos pareceres sobre o libro ao redor duns  chocolates e zumes na cafetería do centro.




De novo abordamos  a lectura dun clásico adaptado,  Lazarillo de Tormes, na editorial Vicens Vives. Como non podía ser doutra forma gustounos moito e resultounos fácil mergullarnos na súa lectura. Divertiunos a astucia do Lazarillo para enganar a algúns dos seus amos e roubarlles a comida. Moito menos divertido foi ver o triste mundo no que vivía o protagonistas, e como a súa curta idade tiña que andar loitando só contra as dificultades: fame, violencia… 
                Sempre acertaremos recomendando este clásico da nosa literatura.


Publicacións máis antigas Inicio