Blogger Template by Blogcrowds.

Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura pola Igualdade de 3º de ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura pola Igualdade de 3º de ESO. Amosar todas as publicacións

 Os clubs de lectura de 3º e de 4º de ESO tiveron lecturas, ás veces, comúns e outras veces separadas, segundo os títulos. Tamén, dependendo do número de exemplares, podían coincidir ou non os encontros dos membros.

Por exemplo, o primeiro libro que lemos nos dous clubs de lectura foi

El monstruo de ojos verdes

Un libro que nos encantou e que nos abriu os ollos sobre os malos tratos familiares e a violencia de xénero na casa. Esta reunión foi conxunta.

 




O segundo que lemos tamén conxuntamente

Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas.

Con este libro tivemos moita sorte porque tivemos un encontro coas autoras, por iso puidemos xuntar asemade os dous clubs de lectura, o de 3º e o de 4º





O club de lectura de 4º de ESO leu despois Ladydi, un libro emocionante de seu.



O libro para nos introducir na poesía foi tamén en ambos clubs

Coraxe. Poemas audaces para rapazas afoutas


Un libro que deu moito de si na reunión posterior, xa que moitas das rapazas e dos rapaces involucrados nunca leran un libro enteiro de poesía, e a pesar do seu evidente esforzo, saíron conclusións preciosas, tanto que ata nos puxeron a pel de galiño pola análise e as conclusións que tiraron da lectura.

En 4º, pola contra, lemos, Campo de plumas:




Outro encontro co autor por parte dos dous clubs: Identidade.





Logo,

Anne, a das tellas verdes

 


 

un libro que non gustou nadiña. Vimos tamén a serie en Netflix para comparar, e saíu gañando esta con moita diferenza.



O club de lectura de 3º de ESO non foi tan numeroso como nun principio cremos, aínda que xa comezara a súa andaina o curso pasado. A maior parte das veces lemos lecturas en común co club de lectura pola igualdade de 4º de ESO para axilizar tempos, sobre todo cando prevemos a pouca asistencia por algún motivo, ben sexa porque nos avisan ben sexa por algunha viaxe do centro, como sucedeu co intercambio de Alemaña e de Francia. Porén, non sempre lemos os mesmos libros porque algúns deles xa os leran o curso pasado o alumnado que agora está en 4º.
Isto sucedeu por exemplo con
 
La chica miedosa que fingía ser valiente


que lemos nos mes de OUTUBRO.

Ou con

Como tú: 20 relatos + 20 ilustraciones por la igualdad






Interesante libro de doada lectura xa que é un monllo de relatos ilustrados comprometidos coa igualdade que lemos no mes de FEBREIRO.

Un pequeno grupo de nenas de 4º da ESO pediron tamén elas ter club de lectura, unha nova que nos encheu de ledicia porque nun principio non contabamos con ninguén deste nivel. Xuntouse normalmente co grupo de lectura de 3º de ESO pola igualdade, aínda que nalgunha ocasión viñeron canda o grupo de 1º de Bacharelato.


 NOVEMBRO:

22 segundos

 



XANEIRO:

Memoria do silencio





Tres mulleres de Ribadavia que salvaron da morte nazista a xudeus e xudías; unha historia oculta porque a heroicidade mídese pola humildade, e Eva Mejuto decide darlles voz para sacalas do seu silencio e concederlles parte do valor que merecen. Xunto a elas, a novela presenta máis voces, da que nos intereserá  a voz dunha moza xudía que se salva da morte para amar a música sobre todo. Si, son as voces femininas as que destacan no libro, outorgándolles a autora o dereito a ser elas na ficción mesturada con doses de realidade. Unha ficción que nos lembra o terror da época, en Europa e en España.
Un libro que gustou moito  e deu para falar non só de igualdade senón do terror do fascismo e alertar sobre o que pode volver a pasar se non paramos correntes actuais que pretenden que retrocedamos nos nosos dereitos.

MARZO:

Xa non estou aquí

 


Aproveitamos que veu o autor para falar de igualdade con el.

http://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/2019/03/carlos-negro.html






 Con el, podemos saber o que supuxeron e supoñen as reivindicacións feministas e as mulleres que as fixeron posible e que nos levaron ata onde estamos, explicando mesmo cuestións tan básicas como que é o feminismo ou o que este ofrece á sociedade; é un texto sinxelo e divulgativo, pero é un texto de acollida, de iniciación para logo achegarnos a outros textos. Sobre todo, entender que estamos onde estamos grazas a tres séculos de loita e que moito lle debemos a quen estivo aí detrás e que, cando menos, debemos coñecer. A loita do feminismo contra un patriarcado que semella invencible (e invisible) segue, e libros coma este son imprescindibles.

 
 
 Supermujeres superinventoras. Ideas brillantes que transformaron nuestra vida de Sandra Uve : un catálogo ilustrado de máis de 90 inventoras, unha por cada dobre páxina; a ilustración vén acompañada por unha breve biografía que nos informa que fixeron estas mulleres no munda da ciencia. Algunhas coñecerémolas xa polos libros publicados anteriormente con este tema, pero outras resultáronme descoñecidas.
O máis chamativo é o prólogo, onde nos informa a autora do seu traballo de investigación, posto que non lle resultou doado chegar ata todas elas, xa que non hai información nos libros e en Internet non todo é fiable. Sandra Uve lémbranos que había leis que prohibían ás mulleres rexistrar patentes no seu nome, polo que moitas destas están baixo o nome do esposo, e este aproveitaba para quedar co mérito.

“A medida que iba trabajando en el libro, pensaba en esas mujeres, cuyas responsabilidades eran muchas y algunas de ellas poco agradables: tenían que mantener el hogar; cuidar, educar y criar a una familia, a veces con muchos hijos; acudir a las actividades que se consideraban femeninas, permitidas por los hombres, como las reuniones para bordar y coser, los clubes de lectura sobre normas de comportamiento femenino; asistir a la iglesia, etc. Por no hablar del nutrido grupo de emprendedoras que aparecen en este libro, a las que les costó aún más salir adelante y dar de comer a sus hijos, porque se habían quedado viudas y sin capital o incluso con deudas. No hubo ni un día en el que no pensara: pero ¿cuándo y cómo han podido hacer sus inventos? Diseñar un invento es una tarea ardua, costosa y complicada, que en muchos casos necesita años para llevarse a cabo. Y la conclusión que siempre sacaba era que sin duda se trataba de supermujeres”.

O 7 de maio volvemos xuntarnos os dous clubs de lectura arredor dun mesmo libro e unha escritora: Eva Mejuto, que veu ao noso instituto para falarnos da necesidade de visibilizar a transexualidade e de tratala con normalidade nas nosas letras, onde había unha ausencia do tema.
Tivemos dous encontros: un co club de lectura de 3º e 4º de ESO e outro co club de lectura de 2º de ESO.










O libro gustou pero menos do esperado, porque case todas as alumnas coinciden en atopalo demasiado "esaxerado", que dá unha visión un pouco excéntrica da actitude dos homes e sobre todo do amor.





Esta novela desenvólvese unha tarde na que unha nai e os seus fillos esperan a chegada do seu pai despois dunha xornada de traballo na que el cerraría un importante contrato de ascenso. Para celebralo, a súa muller prepara o prato preferido do pai, mexillóns. Pero este non chega e a tensión empeza a poderarse dos presentes, facendo así que comece unha rebeldía liberadora pola vida a que estaban sometidos polo ausente.
Este libro é capaz de expresar a angustia que as personaxes desprenden dende a voz da nena, é complexo, ambicioso e dotado dunha forza arrolladora.




 O libro resulta moi sinxelo de ler e non se fai para nada longo, xa que o importante é o contido e por iso non topamos unha prosa chea de florituras, o que si temos é ironía, humor, denuncia social, política e moito feminismo. Esta parte é a máis importante e conséguese que forme parte dunha historia de amor de xeito natural, dun xeito eficiente. A moza protagonista é máis que crible: afoga entre a seguridade exterior, con ideas moi claras, e as fraquezas interiores que a agobian e que pretende ocultar... ata que no pode máis. De aí o título, posto que a esta muller está chea de inseguridades, de medos, de decepcións... O normal nunha moza nova. Como o é o feito de estar namorada e pensar que todo pode derrubarse se ese amor fracasa, porque o amor é o que sostén a vida, non a propia persoa. De aí xorde o conflito. Paga a pena recalar nos personaxes que pululan arredor da protagonista, sobre todo a figura do pai, moi chamativa, e as amizades que vai facendo polo camiño. Por suposto, a autora aproveita para deitar crítica social nas súas páxinas, ferímonos coas aristas que nos ensina e aprendemos coas súas referencias feministas: así que acertamos de pleno ao escollela como lectura dos nosos clubs de lectura feministas.



 
 Un álbum para descubrir 12 mulleres que os libros de Historia agochan, unha vez máis, como adoita ocorrer porque esa historia está escrita polos homes. E aínda que o meu pensamento sexa "ogallá que en lugar de 12 falase de moitas máis!!!", temo que aínda así estas doce mulleres constitúan unha descuberta para moita xente. Así que benvida a publicación deste libro na nosa lingua e con protagonistas da nosa terra. Canto cómpren este tipo de publicacións!  Un deses libros que deben estar en lugar destacado de toda biblioteca escolar, sen ningunha dúbida. Mercalo podería considerarse obrigatorio.
Falamos, pois, de doce biografías de mulleres pertencentes a diversas áreas profesionais como son o xornalismo, a medicina, a literatura, o fútbol, a música ou os avances científicos. Todas elas, claro está, desenvolven ese traballo nunha contorna opresora, hostil, contraria ao seu desenvolvemento profesional. De aí que se convirtan en modelos de esforzo e de valentía, porque ser pioneira non é cousa doada, porque resistir a incomprensión da sociedade non é tarefa ao alcance de calquera.



Para saber máis sobre vidas de mulleres achegámonos a estes cómics que demostran que as mulleres valentes que loitaron contra os prexuízos sociais existiron e existen, aínda que fosen ocultadas.



Nos clubs de lectura pola igualdade de  2º de ESO e de 3º de ESO lemos este libro.



Unha alumna fala así del:



Este libro non conta ningunha historia. Non sucede ningunha aventura e a historia non segue un eixe cronolóxico moi marcado.
No seu lugar, O diario violeta de Carlota mostra como, aínda que actualmente pensemos que está superado, segue habendo machismo na nosa sociedade, e de que se prestamos un pouco de atención, veremos moitas inxustizas que antes parecían normais.
É o libro perfecto para abrir os ollos a todo o mundo e que, como Carlota, poñamos os lentes violetas. Un gran libro para iniciarse no feminismo e para entender a importancia e o significado do movemento.
Aínda que estou de acordo cas ideas que dá, debo dicir que non me rematou de gustar a forma na que se fala dos ideais de beleza femininos na industria da moda, non pola idea que transmite, senón polas palabras que utiliza.
De todas maneiras, penso que este é un libro moi recomendable e, na miña opinión, debería ser lido de maneira obrigatoria nos institutos.

Publicacións máis antigas Inicio