No
club de lectura de 4º da ESO estamos a aprender moito sobre Igualdade e
Feminismo. Temos tanto para ler! Na última sesión cada integrante pediu
ler un libro diferente. Laura Soto escolleu No es país para coños, de Diana López Varela publicado por Península. E falou así:
No es país para coños é unha
obra da xoven escritora galega Diana López, probablemente non
escoitarades o seu nome ata o de agora, pero estou segura de que algún
día será unha distinguida e portentosa escritora, bueno, portentosa xa o
é, o que necesita é moito máis recoñecemento.
O certo é que sen esaxerar dende que
lin esta refrescante e rompedora obra feminista a miña vida mudou dalgún
xeito. Non sempre fun feminista, de feito tan só hai un par de anos que
me intereso por este tema, cousa da cal me avergoño, pero tampouco
tivera moita marxe de tempo para saber que persoa quería ser. Pero agora
hai unha parte do meu ser que ten clara o que é, e esta é a de ser
feminista.
A verdade é que non creo que este libro
intente convencer a ninguén sobre o que ten que ser, simplemente penso
que nos responde a todas esas dúbidas que algunhas persoas se poden
chegar a plantexar sobre a necesidade dunha sociedade feminista, e tamén
contribúe a abrirnos os ollos, xa que nos mostra pequenos detalles que
antes podían ser imperceptibles, porén son estos pequenos detalles os
que marcan a diferenza entre unha sociedade igualitaria ou non.
Como dixen antes este libro
convertiuse nun símbolo importante para min, porque comecei a ver as
cousas doutro xeito moito menos común nesta sociedade de masas. Está
claro que a muller sempre é a do carácter brando e que entón cede ás
presións ou a aceptar as opinións contrarias con moitísima máis
facilidade que os homes. Estas series de prexuízos están totalmente
insertados nos cerebros de gran parte da poboación e ata o de agora eu
sabía que tanto eses ideais como as persoas que os defendían eran
totalmente repugnantes, entón intentaba ser o máis feminista posible,
sobre todo co entorno que me rodeaba. Pero logo de ler este libro deime
conta de que iso non é suficiente, Diana convídanos a loitar, a
manifestarnos, a levantarnos cada día coa cabeza ben alta orgullosas de
sermos quen somos, a que ninguén nos mande calar, a que non lle
permitamos a ninguén dicirnos que baixemos a voz que así estamos máis
guapas, porque non, non queremos nin eu, nin a escritora, nin ti calar,
queremos liberdade, e berrar.
Estou segura de que algún día por
sorte, estes libros desaparecerán por moi fermosos que sexan, serán coma
un libro contra a escravitude na España de hoxe en día.
Etiquetas: Club de lectura pola Igualdade de 4º de ESO
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)