é un libro tan impactante como necesario para coñecer de primeira man o mundo da escravitude feminina do século XXI. A lecura provoca noxo e indignación, a certeza de que vivimos nun mundo salvaxe e que miramos para outro lado. Con el, vermos como as mulleres son explotadas para enriquecer un negocio que non debería existir. As mullers son compradas, trasladadas, usadas e intercambiadas mentres son ameazadas. Unha vida que non é vida, un inferno na terra. E uns homes que son conscientes do que están a comprar. Porque os que acoden alí son os verdadeiros culpables. E é que a prostitución é trata de seres humanos. Nin máis nin menos. Rematemos co mito da liberdade e do traballo de prostitución voluntario; debaixo hai coacción, ameazas, violencia extrema, opresión.
Algunhas compoñentes do club contaban que o libro non lles gustaba
porque non estaba ben escrito. Eu creo que precisamente iso está
buscado, porque as palabras son as dun proxeneta arrepentido. O que fai a
autora é unha transcrición consciente dese testemuño desgarrador que
nos impacta e nos enfada, por moi arrepentido que arestora estea.
Que clase de goberno e gobernantes temos? Estes que permiten que isto ocorra. Que isto se perpetúe.
Si, resulta unha lectura salvaxe.
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)