Un álbum para descubrir 12 mulleres que os libros de Historia agochan,
unha vez máis, como adoita ocorrer porque esa historia está escrita
polos homes. E aínda que o meu pensamento sexa "ogallá que en lugar de
12 falase de moitas máis!!!", temo que aínda así estas doce mulleres
constitúan unha descuberta para moita xente. Así que benvida a
publicación deste libro na nosa lingua e con protagonistas da nosa
terra. Canto cómpren este tipo de publicacións! Un deses libros que
deben estar en lugar destacado de toda biblioteca escolar, sen ningunha
dúbida. Mercalo podería considerarse obrigatorio.
Falamos, pois, de doce biografías de mulleres pertencentes a diversas
áreas
profesionais como son o xornalismo, a medicina, a
literatura, o fútbol, a música ou os avances
científicos. Todas elas, claro está, desenvolven ese traballo nunha
contorna opresora, hostil, contraria ao seu desenvolvemento profesional.
De aí que se convirtan en modelos de esforzo e de valentía, porque ser
pioneira non é cousa doada, porque resistir a incomprensión da sociedade
non é tarefa ao alcance de calquera.
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)