Blogger Template by Blogcrowds.

Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura Matemática de 1º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura Matemática de 1º ESO. Amosar todas as publicacións

Un curso máis, e xa van catro,, un grupo de alumnado de 1º da ESO, baixo a dirección de Beatriz Boán Fernández, leron sobre e arredor das Matemáticas. Aínda que a súa profesora non está moi  contenta porque este curso foi moi pouco numeroso, estamos satisfeitas de mantelo a pesar das dificultades deste curso coa pandemia que sufrimos. Reunínanse nun recreo e o non daba para moito, xa que os recreos de 1º de ESO son tan só de 20 minutos. A profesora decidiu repartir por páxinas os libros e as reunións, polo que conseguiron ler un libro por avaliación. Todos os títulos xa se leran o curso pasado.


El asesinato de profesor de matemáticas




 Los diez magníficos 






 Tres catorce dezaseis


Por terceiro ano consecutivo, un grupo de alumnado de 1º da ESO, baixo a dirección de Beatriz Boán Fernández, leron sobre e arredor das Matemáticas. Este curso foron tres os libros elixidos, dous que xa se leran en anos anteriores e un terceiro que se aproveitou tan pronto se publicou polo acaído do tema, e porque está en galego.



El asesinato de profesor de matemáticas




 Los diez magníficos 






 Tres catorce dezaseis








 O luns 4 de xuño tivemos a última reunión do Club de Lectura deste curso. O libro que lemos nesta ocasión foi “El gran juego” de Carlo Frabetti.
  Aos  alumnos gustoulles moito este libro. Os enigmas, como nos libros anteriores, foi o que lles resultou mais interesante,  tamén lles gustou o feito de que se mesturen  varias  disciplinas na formulación das adiviñas.
  O que pretendía con este libro era facerlles comprender aos alumnos que a Matemáticas axudan a desenvolver un pensamento que lles permitirá resolver problemas moi diversos en materias moi diferentes e  incluso na vida cotiá. Penso que na maioría dos alumnos se conseguiu.
   Para finalizar coas reunións do  Club de Lectura deste ano estivemos lendo relatos matemáticos   escritos por rapaces da súa idade (“Dormido entre números”, “Asesinato matemático”,...). Os alumnos estiveron moi interesados nestes relatos.
Quizais a primeira reunión  do vindeiro curso a comezaremos lendo un relato dun dos membros do noso Club de Lectura!







  O luns  14 de maio celebramos a terceira reunión do Club de Lectura. O libro que tiñamos para ler nesta ocasión era  El misterio de la isla de Tokland de Joan Manuel Gisbert.
Cando propuxen este libro tivo moi boa aceptación. Despois de lelo os alumnos aseguraron que lles gustara, aínda que houbo partes que se lles fixeron algo arduas e en ocasións un pouco confusas. Despois desta experiencia, recomendo a lectura deste libro pero en cursos máis altos, quizais en 2º ou 3º de ESO.
  O que mais lles gustou do libro foi a resolución dos enigmas, parecéronlles difíciles e moi enxeñosos.
   O que pretendía con este libro é  facerlle ver aos rapaces a importancia de interpretar ben as situacións, explorar as distintas alternativas e reflexionar sobre as posibles solucións, tanto nas matemáticas como na vida cotiá. Tamén quería que entendesen a importancia da constancia e do traballo en equipo á hora de resolver problemas.
   Unha vez mais buscamos na rede opinión doutras persoas e incluso atopamos un xogo baseado no libro!
   A maioría dos membros deste Club de Lectura recomendamos  esta lectura.
   Fixamos a seguinte reunión para o 4 de xuño.


O día 16 de abril celebramos a reunión do Club de Lectura. O libro que eliximos para este
trimestre foi “El asesinato de profesor de matemáticas “ de Jordi Sierra i Fabra.



Eu esperaba que o libro lles gustase, xa tiñan gañas de lelo ao principio de curso, pero o certo
é que me sorprendeu a grande aceptación que tivo.
Na reunión os alumnos falaron do libro con moito entusiasmo, incluso algúns rapaces dixeron
que se identificaban cos protagonistas do libro. Sorprendeume que recordaban a solución de
moitas das probas que aparecen na historia e comentaron que lles resultaba moi gratificante
resolver as adiviñas e problemas antes de que aparecesen resoltos, incluso lles daba rabia que
os protagonistas non desen coa solución daqueles problemas que a eles lles parecían sinxelos.
O mellor do libro, para a maioría, foi o momento da desaparición do profesor e o final do
libro.
O que eu pretendía ao elixir este libro, ademais do propio pracer de ler, era transmitir a idea
de que a vontade, a constancia e a confianza en si mesmos son fundamentais á hora de
afrontar o estudo de calquera materia, e mesmo en calquera situación da súa vida cotiá.
Espero que nalgunha medida isto se conseguira.
Antes de finalizar estivemos vendo na rede opinións doutros rapaces que tamén leron o libro
así como vídeos de alumnos facendo un trailer. Interesoulles ver a compañeiros doutros
centros lendo o mesmo ca eles.
Todos os integrantes do Club de Lectura consideramos este libro moi recomendable.
O próximo libro que leremos será “El misterio de la isla de Tokland”.

A primeira reunión do CLUB DE LECTURA MATEMÁTICA DE 1º DE ESO xirou arredor deste libro que son pequenas historias sobre diferentes aspectos das Matemáticas: de onde apareceron os números, da serie de Fibonacci, sobre os fractais, etc. 



En xeral, o libro gustou. Dous nenos dixeron que eles preferían unha novela que libros deste tipo, así que o próximo será unha novela ben divertida!

Publicacións máis antigas Inicio