O club de lectura clásico en 1º de Bacharelato contou con 10 mozas. Tentamos ler clásicos con perspectiva de xénero, e sobre todo coidamos que as lecturas sexan en galego se existe a tradución. Sorte temos que agora hai moitas editoriais que coidan este tema no noso país!
Este libro gustoume especialmente porque trata temas que seguen a ser actuais, como o orgullo, os prexuízos e a tendencia a xulgar ou intervir nas vidas dos demais sen coñecer a fondo as súas
emocións. O personaxe de Emma é complexo: ao principio pode parecer antipática
polo seu carácter dominante, pero iso é precisamente o que fai que a súa evolución
sexa tan interesante. A medida que se decata dos seus erros, vaise facendo máis
humana, máis próxima ao lector. Un exemplo que me marcou foi cando Emma
humilla sen querer a Miss Bates durante unha excursión; é un momento incómodo,
pero tamén clave para mostrar que Emma comeza a entender que as súas accións
teñen consecuencias. Tamén me encantou a relación con Mr. Knightley, porque non
é un amor idealizado, senón que medra a partir da amizade, do respecto e da
sinceridade, algo pouco común en moitas novelas románticas.
Ademais, a ironía sutil con que Jane Austen retrata á sociedade da época fixo que a
lectura fose tanto divertida como crítica. A través dos costumes, das clases sociais e
das limitacións impostas ás mulleres, Austen fainos reflexionar sen perder a
elegancia nin o humor. Por todo isto, Emma pareceume unha lectura valiosa e
enriquecedora.
Asemade, algunhas mozas leron libros independentes para logo facer unha recomendación no club.
Ningún de nós ha volver:
Este libro foi unha experiencia que me deixou cun nó na gorxa. É un libro que nos move por dentro. A historia cóntase con total sinceridade, sen filtron nin adubíos. Fálanos directamente desde un lugar profundo de dor. Son fragmentos de recordos, de sensación, poesía que golpea. Sentimos o frío, o medo, a fame, e mesmo unha pequena esperanza que se agocha nunha ollada ou na sororidade entre mulleres.
Fíxome pensar en todo o que hoxe damos por sentado. Como nos queixamos de cousas mínimas, mentres elas loitaban por sobrevivir só un día máis. Este libro non é doado de ler, pero creo que debería ser de lectura obrigatoria. Porque, ademais de aprender sobre o Holocausto, fai que comprendas de verdade o que foi. Non con datas, senón con humanidade
Orgullo e prexuízo:
Cando empecei Orgullo e prexuízo, pensei que ía ser outro libro anticuado cheo de bailes e amoríos esaxerados. Pero sorprendeume. Detrás de toda esa atmosfera de vestidos longos e modais estritos, hai unha historia que aínda hoxe ten moito que contarnos.
Elizabeth Bennet, a protagonista, parecía moi adiantada ao seu tempo. Non é a típica rapaza que só quere casar ben e punto. Ten carácter, pensa por si mesma e non se deixa influenciar polas aparencias. E iso é fundamental, porque todo o libro trata precisamente diso: de como os prexuízos (como o que ten contra Darcy) e o orgullo (como o de Darcy ao principio) fan que xulguemos mal aos demais.
Tamén me gustou que Jane Austen critique sutilmente a sociedade na que vivía. Na súa época, as mulleres practicamente tiñan que casar para sobrevivir, e con todo Elizabeth non se conforma con nada. Espera algo real, con respecto e amor, non só unha boa posición social.
O estilo do libro pode ser un pouco lento ás veces, pero unha vez que te conectas decátaste de canto de intelixente é todo o que escribe Austen. Ten ironía, crítica social e personaxes que parecen reais, aínda que viviron hai máis de 200 anos.
En resumo, Orgullo e prexuízo é moito máis que unha historia de amor. É unha lección sobre como vemos aos demais e a importancia de ser ti mesmo, mesmo cando o mundo espera algo diferente de ti.
En 1º de Bacharelato lemos variado
1.- "Enma" de Jane Austen
2.- "Fausto" de Goethe
Fausto es un drama filosófico sobresaliente en el que se trata entre muchos otros puntos una pregunta clave en la historia de la humanidad; el sentido de la vida. Igual podemos llegarnos a sentir identificados con el protagonista puesto que es uno de esos personajes complejos lleno de inquietudes y que está dispuesto a hacer cualquier cosa por resolverlas. Puede ser que el libro nos muestre a Fausto como una simple víctima y a Mefisto como el villano principal pero la grandeza de la obra reside en que esto, como en otros grandes trabajo deja a los lectores la misión de interpretarlo a su manera, y eso está a la altura de pocas novelas.
En conclusión creo q Fausto es una de esas obras que debemos leer al menos una vez en la vida con unos diálogos muy bien trabajados, una excelente caracterización de personajes y por lo tanto podemos incluirla en el selecto grupo de obras cumbre de la literatura universal.
3.- "Orgullo e prexuízo"
4.- Kallocaína (Karin Boye)
En Kallocaína, Karin Boye preséntanos unha sociedade opresiva e uniforme, na que a individualidade foi erradicada. O protagonista,Leo Kall, é un home casado e pai de dous fillos que traballa como químico nun laboratorio do estado. Neste laboratorio, desenvolveuse unha droga chamada Kallocaína, que fai que as persoas sexan máis sinceras consigo mesmas e revelen os seus verdadeiros pensamentos e sentimentos. Kall decide probar a droga e, como resultado, comeza a cuestionar a sociedade na que vive e a plantexarse a posibilidade dun cambio radical.
A novela de Boye é unha crítica á sociedade totalitaria e á falta de liberdade individual. A autora mostra como a uniformidade e o conformismo son impostos polo Estado, que busca o control absoluto sobre a vida das persoas. A sociedade que describe Boye é claustrofóbica e axofiante, e a falta de liberdade individual é palpable en todos os aspectos da vida cotiá.
Kall, como personaxe principal, é unha figura complexa e ben desenvolvida. Ao longo da novela, a súa transformación de cidadán obediente a rebelde é creíble e convincente. A forma en que Kall cuestiona o seu mundo e busca a verdade é un reflexo do desexo humano de liberdade.
A prosa de Boye é fluída e accesible, o que fai que a novela sexa fácil de ler. A autora utiliza unha variedade de técnicas literarias para construír o mundo opresivo da novela, incluíndo o uso da primeira persoa para narrar a historia dende a perspectiva de Kall o que facilita a inmersión dentro do mundo do libro.
En conclusión, Kallocaína é unha novela distópica que destaca pola súa crítica á sociedade totalitaria e á falta de liberdade individual. A novela é unha exploración dos temas da identidade individual e do desexo humano de liberdade. Se buscas unha obra literaria que che faga reflexionar sobre a natureza humana e a sociedade na que vivimos, Kallocaina é unha excelente opción que che fara replantexarte moitas cousas sobre o mundo no que vivimos e sobre o poder e control que ten o Estado sobre nos mesmos.
5.- Mr. Vértigo de Paul Auster
é unha novela que combina elementos de fantasía,
drama e aventura para crear unha historia única e emocionante. O protagonista,
Walter Claireborne Rawley, é un neno orfo que é adoptado polo misterioso e
enigmático Mr. Vértigo. Este personaxe ensínao a voar e lévao a unha escola de
maxia onde se lle ensina a arte da ilusión e a prestidixitación.
Unha das cousas que máis me gusta desta novela é a forma na que o autor emprega
unha linguaxe poética e unha narrativa imaxinativa para crear unha atmosfera
máxica e surrealista. A través da prosa de Auster, o lector é levado a un mundo cheo
de marabillas e misterios onde se mestura a realidade e a fantasía.
Con respecto ós personaxes, creo que a relación entre Walter e Mr. Vértigo é un dos
aspectos máis interesantes da novela. Aínda que Mr. Vértigo é un personaxe
misterioso e enigmático, a forma na que interactúa con Walter é moi conmovedora e
ás veces desgarradora. A medida que Walter aprende a voar e descobre unha nova
forma de ver o mundo, tamén comeza a cuestionar a súa propia identidade e a loitar
cos seus demos internos.
A pesar de todo, creo que a trama pode ser un pouco previsible nalgúns momentos e
que algúns personaxes poderían estar máis desenvolvidos, pero o autor logra crear
unha galería de personaxes interesantes e únicos, dende o misterioso e enigmático
Mr. Vértigo ata o excéntrico mestre Yehudi, cada personaxe aporta algo diferente á
historia. Non é o xénero narrativo que máis me chama a atención, e aínda que ten
algúns problemas menores, en xeral creo que é unha obra excelente que vale a pena
ler.
6.- "Persuasión"
7.-"Una habitación propia"
8.-A señora Dalloway
9.- Jane Eyre
No primeiro trimestre lemos un clásico como "Rubaiyat" de Omar Jayyam, publicado por Reino de Cordelia, textos poéticos sobre a ciencia, o coñecemento, a moral, a relixión, a nostalxia, a felicidade...
No segundo trimestre lemos "Persuasión" de Jane Austen
E tamén "Nobles y rebeldes":
Nesta novela, Jessica cóntanos a historia da súa vida (da infancia e da xuventude). Aquí explícanos como era a súa familia, dicindo que era unha familia moi pouco convencional por ter o pensamente de que as mulleres non se lles debería de levar a escola e só necesitaban recibir algunhas clases de diferentes actividades (sin ser educativos como se daba no colexio).
Nárranos como é a vida case encerrada na casa sen relación aparente con ningunha outra rapaza, como a educaba súa nai ao principio da súa vida e como despois ían institutrices á súa casa. A protagonista, xa que non lle gustaba a súa vida coa súa familia, decidíu abandoar e irse cara a España de moi cativa coa súa parella. Despois duns anos, voltou a súa casa e veuse sumerxida nunha chea de recordos da súa infancia.
A historia está chea de matices humoríticos e satíricos, os cales fan que os lectores se acheguen a seguir lendo. Un tema que me fixo sobresaltar foi a ignorancia e frivolidade de Jessica xa que me pareceu moi inxenua e como consecuencia daba pasos en falso.
En cambio, o libro é moi apaixoado e fai que non queiras parar de ler, xa que fai que viaxes tempo atrás, situándote na época dos trinta. Vívise como moita exaltación os acontecementos que narra a autora sobre esa época e iso é un gran traballo e un gran mérito dela.
"La hija de la criada"
A difícil elección entre o amor e o sentido do deber, entre a amizade e as convencións sociais nas áridas chairas de Suráfrica. Corre o ano de 1919. Cathleen trasládase a Suráfrica, ao duro e desértico Karoo, para casar co seu prometido ao que non viu en cinco anos. Pero o matrimonio non vai resultar como soñara. Illada nunha contorna inhóspita, Cathleen atopa consolo en escribir o seu diario e en criar aos seus dous fillos, Philip e Rose. Tamén a Ada, a filla da súa criada, á que ensina a ler e a tocar o piano, a amar a Chopin.
Todo se verá alterado cando Ada descobre que está embarazada, que espera un fillo mulato nun país que non admite as relacións entre brancos e negros. Ada escápase ao sentir que traizoou a Cathleen. Desprezada e marxinada por ambas as comunidades, ten que loitar pola súa supervivencia e a da súa filla. A música, e Cathleen, serán os seus refuxios.
La hija de la criada é unha emotiva novela, cargada de sentimentos, que retrata con fondo detalle o drama e a desolación de dúas mulleres de implacable valor cuxa profunda amizade lévalles a superar as inhumanas convencións sociais dunha época e os perigosos límites da segregación. Unha historia que nos ensina que máis aló da crueldade humana perdura o amor e a esperanza.
Encantoume! Fálanos da forza da muller, das diferenzas e separacións que pode chegar a crear a sociedade por mor da cor da pel. A música asolaga cada páxina. Tenra, emotiva e chea de mensaxes.
"O asasino que hai en min":
O tatuador de Auschwitz:
A historia sitúase na Segunda Guerra Mundial e todo comeza cando Lale viaxa nun vagón de tren por Polonia rodeado doutros homes que tampouco saben cando van alcanzar o seu destino. Despois de varios días chegan ao campo de concentración onde lle arrebatan todas as súas pertenzas e mesmo a identidade, porque pasan a ser coñecidos cpo un número gravado na pel.
Lale conseguiu un posto como tatuador que lle outorgaba certos privilexios. Coñece a Gita, unha moza da cal namora e os seus encontros dábanlle esperanza para saír de alí. Ven como centos de compañeiros desaparecen sen explicación. Tras varios anos de sufrimento conseguen fuxir.
Gústame a historia de amor porque transmite que o amor pode nacer en lugares moi escuros e tristes e que dá motivos para non se render. Unha novela que se vén de converter nunha das miñas favoritas poque o autore é capaz de describir as sensacións e fai que o lectorado sexa un preso máis do exército alemán. Unha historia tremendamente conmovedora e dura que me fixo chorar e reflexionar sobre o privilexiada que son e a sorte que teño de non que vivir situacións coma esa.
Un ano máis, procuramos achegarnos aos clásicos.
Os libros lidos:
"Un cuarto de seu"
Booktuber de "Un cuarto de seu" de Virginia Woolf, realizado por Aitana Aller
Booktuber de "Aventuras de Arthur Gordon Pym" de Edgar Allan Poe, realizado por Sandra García Cagide
Booktuber de "Señora Dalloway" de Virginia Woolf, realizado por Sandra García Cagide
Booktuber de "Orgullo y prejuicio" de Jane Auste, realizado por Sandra García Cagide
Booktuber de ""Las mujeres sabias" de Molière, realizado por Sandra García Cagide
14 alumnas, das cales 4 son mozos.
Una odisea. Un xeito de ler A Odisea sen lela pero léndoa e entendéndoa.
El infinito en un junco
Durante a pandemia lemos e tivemos un encontro virtual
A señora Dalloway
- Nome: Valmont
- Director: Milos Forman
- Produtores: Michael Hausman e Paul Rassam
- Actores principais: Colin Firth, Annette Bening, Meg Tilly, Fairuza Balk e Henry Thomas
- Director de fotografía: Miroslav Ondříček
- Ano: 1989
- Premios: Oscar ao mellor deseño de vestuario (nominación)
- Autor da música: Christopher Palmer
- Xénero: Romance e drama
Publicacións máis antigas Inicio