O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai, con ilustracións de
Kerascoët :
cando un
lapis máxico se converte nun de verdade para escribir un mundo novo.
Constitúe unha boa iniciativa este álbum para dar a coñecer a figura de
Malala á rapazallada máis nova, esa que non sabe que lle aconteceu a
unha nena por querer ir á escola, esa que fala das dificultades que
nalgúns países existe para aprender (e pensar doutro xeito, por tanto) e
a marabillosa sorte que aquí temos por poder ir á escola con
normalidade, algo infravalorado por non cuestionarse sequera. Unha nena en
Pakistán que quere ter un lapis máxico para deter o tempo... que se
converte nun lapis de verdade que escribe e desafía e que é quen de
chegar a todo o mundo.
Neste club tamén decidimos "reciclar" lecturas de clubs de anos anteriores, para optimizar os recursos que temos no centro. Tamén escollemos libros que tiveron éxito e gustaron.
Este libro foi lido o ano anterior: Jordi Sierra introdúcenos nun mundo oculto, ese que ás veces non sabemos ou non queremos ver.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 3º ESO, Curso 2017-2018
O día 16 de abril celebramos a reunión do Club de Lectura. O libro que eliximos para este
trimestre foi “El asesinato de profesor de matemáticas “ de Jordi Sierra i Fabra.
Eu esperaba que o libro lles gustase, xa tiñan gañas de lelo ao principio de curso, pero o certo
é que me sorprendeu a grande aceptación que tivo.
Na reunión os alumnos falaron do libro con moito entusiasmo, incluso algúns rapaces dixeron
que se identificaban cos protagonistas do libro. Sorprendeume que recordaban a solución de
moitas das probas que aparecen na historia e comentaron que lles resultaba moi gratificante
resolver as adiviñas e problemas antes de que aparecesen resoltos, incluso lles daba rabia que
os protagonistas non desen coa solución daqueles problemas que a eles lles parecían sinxelos.
O mellor do libro, para a maioría, foi o momento da desaparición do profesor e o final do
libro.
O que eu pretendía ao elixir este libro, ademais do propio pracer de ler, era transmitir a idea
de que a vontade, a constancia e a confianza en si mesmos son fundamentais á hora de
afrontar o estudo de calquera materia, e mesmo en calquera situación da súa vida cotiá.
Espero que nalgunha medida isto se conseguira.
Antes de finalizar estivemos vendo na rede opinións doutros rapaces que tamén leron o libro
así como vídeos de alumnos facendo un trailer. Interesoulles ver a compañeiros doutros
centros lendo o mesmo ca eles.
Todos os integrantes do Club de Lectura consideramos este libro moi recomendable.
O próximo libro que leremos será “El misterio de la isla de Tokland”.
Etiquetas: Club de lectura Matemática de 1º ESO, Curso 2017-2018, Reunión
Achegámonos á violencia de xénero de forma poética. Un grupo de 23 escritoras denuncias e amosan as sensacións e consecuencias da violencia patriarcal.
Un dos libros que lemos arredor dun tema preocupante da nosa sociedade é A piragua de Candido Pazó.
A partir do
estacionamento dunha piragua nunha praza de garaxe desátase unha polémica nunha
comunidade de veciños. A partir disto coñécese a unha serie de personaxes que
contan unha historia case cotiá, falando sobre un episodio de maltrato
machista.
Contado por
un grupo de personaxes alleos á acción, a historia ocorre dun xeito realista e
simple, sen datos impresionantes que, aínda que en ocasións reais, farían
parecer o acontecemento alleo á realidade. Unha historia que resulta fácil
recoñecer no día a día.
Este libro
utiliza a piragua como unha metáfora, desenrolada de forma que presenta a
dúbida que, a día de hoxe, segue a carrexar moitos problemas: Tradición ou
evolución?
Etiquetas: 3º ESO, 4º ESO, Club de lectura pola Igualdade
Neil Irani é o autor de La niña y el monstruo, ilustrado por Park Yun, publicado pola editorial Juventud. Un álbum sobre o rexeitamento que sentimos cara a nós mesmos, o medo que nos produce que ese mesmo rexeitamento tamén o sintan as outras persoas. É dicir, un libro sobre a autoestima. Unha autoestima que, se cae, impide a normal relación entre as persoas e un illamento social frustrante e deplorable. O álbum, en clave optimista, remata cunha posible solución: que sexan os demais os que se acerquen con naturalidade.
Este é un libro que recolle relatos
de varias autoras e ilustradoras. Contos curtos inspiradores sobre
situacións nas que se encontran as mulleres ou rapazas a diario e as que se
teñen que enfrontar. Neles móstrase como as protagonistas se transforman para
logra empoderarse.
Cómpre salientar que para
min os relatos destacaron todos, tanto pola súa orixinalidade como polos temas
que tratan.
Este libro curtiño e cuns
relatos apenas de dúas páxinas logrou que espertara en min un gran interese por
lelos. Ademais conta cunhas ilustracións magníficas.
Estes relatos
paréceme que tratan temas moi interesantes, xa que tratan temas presentes na
realidade como que un neno se sente nena, que elas intentan a igualdade ou que
queren practicar deportes dos que se din que son para os homes, pero relatados
dunha maneira na que resultan entretidos e amenos.
En conclusión, pareceume un
gran libro, moi fácil de ler e a súa vez moi fermoso. Recomendaríallo a todos,
xa que é un libro para gozar da lectura e a súa vez reflexionar sobre
situacións cotiás nas que se encontra a muller a día de hoxe, e polas que
debemos loitar para conseguir a igualdade.
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)