Blogger Template by Blogcrowds.

Por terceiro ano consecutivo, un grupo de alumnado de 1º da ESO, baixo a dirección de Beatriz Boán Fernández, leron sobre e arredor das Matemáticas. Este curso foron tres os libros elixidos, dous que xa se leran en anos anteriores e un terceiro que se aproveitou tan pronto se publicou polo acaído do tema, e porque está en galego.



El asesinato de profesor de matemáticas




 Los diez magníficos 






 Tres catorce dezaseis


Como cada ano, intentamos que o alumnado de 2º de ESO comece a precuparse polos dereitos da muller e do grupo LGTBI, e cada ano sorpréndenos a boa acollida deste club, que  aínda que está a comezar a dar os seus primeiros pasos neste tema, sempre hai algunha alumna máis comprometida que sabe como tirar das demais. Por primeira vez tivemos algúns nenos, 5 das 24, éxito que imos colleitando aos poucos.
Coma sempre, comezamos cun par de álbums ilustrados no mes de outubro e con algúns libros que xa son clásicos deste club e deste nivel ;  aproveitamos asemade o seu número de exemplares doutros cursos pasados.

OUTUBRO:

As mulleres e os homes





Me llamo Pecas


  NOVEMBRO:

O diario violeta de Carlota





DECEMBRO

Feminismo para principiantes




 

XANEIRO: 

 Moxie









FEBREIRO:

Mamá, quiero ser feminista




MARZO:


Vendida


Un libro que tenta abrirnos os ollos á desigualdade entre homes e mulleres na India, un país onde as mulleres non son valoradas. E que ao mesmo tempo axuda a valorar precisamente todo canto temos aquí, coas súas eivas e as súas dificultades. Xa non tivemos club de lectura presencial polas circunstancias, pero algunhas das persoas puidemos reunirnos telematicamente e comentaron o moito que lles gustara este libro.



Moi orgullosas estamos deste club de lectura que comezou en 3º de ESO como un club de nenas ávidas de ler e de formarse e que co paso do tempo veñen de converterse nun referente no centro, un grupo que non só se xunta para ler e para falar do lido senón que se forma ininterrumpidamente en igualdade e en dereitos LGTBI e que son o grupo que mira para que no instituto non haxa discriminacións de ningún tipo. Conseguen sorprenderme a cotío coa súa formación e coas súas lecturas. Para o curso próximo, que estarán en 2º de Bacharelato, propuxeron elas mesmas, sabendo do pouco tempo que van ter, seguir xuntándonos os luns e falar dalgunha serie baseada nos libros e que traballe estes temas. 
Este curso pediron formarse con libros que non fosen ficción. Así que lemos 

 Como se fai unha rapaza





 Reflexiones para callar a machistas de bar





No manipuleis el feminismo






El proxeneta


O club de lectura de 3º de ESO non foi tan numeroso como nun principio cremos, aínda que xa comezara a súa andaina o curso pasado. A maior parte das veces lemos lecturas en común co club de lectura pola igualdade de 4º de ESO para axilizar tempos, sobre todo cando prevemos a pouca asistencia por algún motivo, ben sexa porque nos avisan ben sexa por algunha viaxe do centro, como sucedeu co intercambio de Alemaña e de Francia. Porén, non sempre lemos os mesmos libros porque algúns deles xa os leran o curso pasado o alumnado que agora está en 4º.
Isto sucedeu por exemplo con
 
La chica miedosa que fingía ser valiente


que lemos nos mes de OUTUBRO.

Ou con

Como tú: 20 relatos + 20 ilustraciones por la igualdad






Interesante libro de doada lectura xa que é un monllo de relatos ilustrados comprometidos coa igualdade que lemos no mes de FEBREIRO.

Un pequeno grupo de nenas de 4º da ESO pediron tamén elas ter club de lectura, unha nova que nos encheu de ledicia porque nun principio non contabamos con ninguén deste nivel. Xuntouse normalmente co grupo de lectura de 3º de ESO pola igualdade, aínda que nalgunha ocasión viñeron canda o grupo de 1º de Bacharelato.


 NOVEMBRO:

22 segundos

 



XANEIRO:

Memoria do silencio





Tres mulleres de Ribadavia que salvaron da morte nazista a xudeus e xudías; unha historia oculta porque a heroicidade mídese pola humildade, e Eva Mejuto decide darlles voz para sacalas do seu silencio e concederlles parte do valor que merecen. Xunto a elas, a novela presenta máis voces, da que nos intereserá  a voz dunha moza xudía que se salva da morte para amar a música sobre todo. Si, son as voces femininas as que destacan no libro, outorgándolles a autora o dereito a ser elas na ficción mesturada con doses de realidade. Unha ficción que nos lembra o terror da época, en Europa e en España.
Un libro que gustou moito  e deu para falar non só de igualdade senón do terror do fascismo e alertar sobre o que pode volver a pasar se non paramos correntes actuais que pretenden que retrocedamos nos nosos dereitos.

MARZO:

Xa non estou aquí

 

Feminismo para principiantes




 

Vendida



Un libro que tenta abrirnos os ollos á desigualdade entre homes e mulleres na India, un país onde as mulleres non son valoradas. E que ao mesmo tempo axuda a valorar precisamente todo canto temos aquí, coas súas eivas e as súas dificultades.















Achegarnos ao machismo da man dos labores da casa e dunha metáfora moi útil.



Un álbum para empoderar as nenas




  Un álbum para empoderar as nenas

Pioneiras 1 e 2




 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sirenas





Unha moza afouta que salvará ao Príncipe e loitará contra os dragóns.

Unha serea que non renunciará a quen ela é por nada, nin por amor.



Unha Cincenta que se indenpendiza e rexeita os zapatos altos con taco e príncipes, desconstrúe estereotipos e axuda a formar mozas decididas e independentes.


Unha Carapuchiña que se dedica a procurar flores moradas polo bosque e rise da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo. Un xeito de deconstruír os contos clásicos e crear mozas intelixentes que rexeitan os roles e estereotipos.












Se isto é un home é unha novela escrita por Primo Levi. Unha historia impactante situada nun campo de concentración de Monowitz, que nos conta unha realidade que non está tan lonxe de nos.
Situámonos en 1944 en Monowitz. Primo foi capturado pola Milicia Fascista e por temor confesou ser un cidadán xudeu que se atopou pola zona. Decátase das miserias, das inxustixas e de que en calquera momento calquera pode morrer. As concicións das persoas non respectan ningún tipo de dereito. Narra a súa experiencia en Auswitch, que segundo el confesa que non era o peor, era un dos poucos supervivientes. A vontade dos alemáns neses campos foi máis aló da tortura e do exterminio. A supervivencia destes foi unha cuestión de azar e de aprender a pasar o día, sen estirar as forzas máis aló do esencial e pasar o día. Non existía a compaixón nin a bondade naquel momento.
Para min non foi un libro doado de ler, xa que é moi duro e costoume poder acabalo. Parecenme moi interesantes estes tipos de libros, xa que están a contar unha realidade que aconteceu fai uns anos, e da que debemos aprender para que non volva ocurrir.



Despois da presentación deste libro en Monforte, e dado que a coordinadora deste club é dese lugar, decidiuse a súa lectura. Foi todo un cambio, xa que pasamos da lectura de teatro e de poesía á narrativa, que non estaba prevista. Pero o libro gustou.

Un total de sete libros foron os lidos neste club que tan ben funcionou. É dicir, houbo unha reunión ao mes, porque descontamos os meses de xuño e outubro.

Así pois, no primeiro trimestre lemos

.-  O home que plantaba árbores. Galaxia


 .-  Salvador Tierra y el cuenco de oro. Editorial Combel.



 No segundo trimestre as lecturas realizadas foron as seguintes:
 
.- Quiero ser científico. Siruela




 .-  El pintor de las neuronas. Anaya.



 No terceiro trimestre aínda que pensabamos descubrir grandes científicos coa colección "Vidas geniales de la ciencia" publicados por Editex, cambiamos de idea e aproveitamos os libros comprados no curso anterior por unha profesora que xa non está no centro. Así que os libros foron:

.- A evolución de Calpurnia Tate. Kalandraka



.- Exo.


Unha das películas que vimos por estar baseada nun libro foi "Valmont". Deixamos a opinión máis crítica dun alumno do club, posto que o resto coincidía máis nos seus gustos.



1. Ficha técnica


  • Nome: Valmont
  • Director: Milos Forman
  • Produtores: Michael Hausman e Paul Rassam
  • Actores principais: Colin Firth, Annette Bening, Meg Tilly, Fairuza Balk e Henry Thomas
  • Director de fotografía: Miroslav Ondříček   
  • Ano: 1989
  • Premios: Oscar ao mellor deseño de vestuario (nominación)
  • Autor da música: Christopher Palmer
  • Xénero: Romance e drama

2. Análise da linguaxe cinematográfica


Cando ante min se presenta a labor de analizar a interpretación dos actores nunha película que non vexo en versión orixinal, gusto de distinguir dúas interpretacións; por un lado temos a dos actores que vemos, que neste caso e máis que correcta, e por outro temos a interpretación dos actores que escoitamos, dos actores de doblaxe, lamentablemente, nesta película estes últimos deixan un pouco que desexar…


En canto á música… Ben, esquecendo por un momento os meus gustos musicais máis actuais, debo recoñecer que tamén gozo das fermosas pezas interpretadas por instrumentos máis clásicos, así pois, atopo nas bandas sonoras das películas históricas unha verdadeira delicia para os meus oídos que non deixan nin por un segundo de alegrarse ante tan fermosa sinfonía.

3. Análise dos valores que se presentan.


O argumento en si é bastante plano e non podo nel atopar aspectos sociais positivos ou negativos pois non é especialmente destacable no filme. Simplemente cóntase unha historia que entretén pero que non tenta ir moito máis alá.


Os personaxes principais, por outro lado, son guiados por dúas razóns distintas; mentres que a parexa de mozos deixase levar polo amor, os adultos son levados polos intereses e polas baixas paixóns que só traen traizóns e enfrontamentos.


Como xa comentei noutras análises, non considero oportuno emitir xuízo algún sobre a visión creativa doutras persoas pois as interpretacións poden ser diversas e variadas e todas no seu interior gardan algo de fermosura e de valor.


4. Análise da estética


Lamento afirmar que a idea central pérdese nunha morea de enredos que dificultan a visión dun argumento xeral que vencelle todos os temas que se están a tratar na película. Triste é isto pois preséntase un argumento nun inicio interesante mais este vai perdendo forza conforme avanza a película e no remate, aínda que este sorprenda polas numerosas sorpresas, o interese polo destino dos personaxes e da historia é mínimo.


Unha verdadeira lástima pois a historia está ben levada e carece de calquera contradición que poida rematar resultando na inverosimilitude do argumento; por outra banda, o ritmo é lixeiro e permite presentar novidades continuamente aínda que estas carezan de interese para o espectador.

5. Analiza a mensaxe


Sinceramente, esta película non conseguiu prender o meu corazón con lume, máis ben frío deixoume. Nada en min deixou pegada e ningún dos personaxes me fixo verme reflectido; unha verdadeira mágoa pois, como xa se mencionou anteriormente, parecía esta unha película moi prometedora e de fermosura sen igual mais parece que a película non estivo a altura das promesas que se presentaron ao inicio.

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio