Se
isto é un home é unha novela escrita por Primo Levi. Unha historia impactante
situada nun campo de concentración de Monowitz, que nos conta unha realidade
que non está tan lonxe de nos.
Situámonos
en 1944 en Monowitz. Primo foi capturado pola Milicia Fascista e por temor
confesou ser un cidadán xudeu que se atopou pola zona. Decátase das miserias,
das inxustixas e de que en calquera momento calquera pode morrer. As concicións
das persoas non respectan ningún tipo de dereito. Narra a súa experiencia en
Auswitch, que segundo el confesa que non era o peor, era un dos poucos
supervivientes. A vontade dos alemáns neses campos foi máis aló da tortura e do
exterminio. A supervivencia destes foi unha cuestión de azar e de aprender a
pasar o día, sen estirar as forzas máis aló do esencial e pasar o día. Non existía
a compaixón nin a bondade naquel momento.
Para
min non foi un libro doado de ler, xa que é moi duro e costoume poder acabalo.
Parecenme moi interesantes estes tipos de libros, xa que están a contar unha
realidade que aconteceu fai uns anos, e da que debemos aprender para que non
volva ocurrir.
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)