No primeiro trimestre lemos un clásico como "Rubaiyat" de Omar Jayyam, publicado por Reino de Cordelia, textos poéticos sobre a ciencia, o coñecemento, a moral, a relixión, a nostalxia, a felicidade...
No segundo trimestre lemos "Persuasión" de Jane Austen
E tamén "Nobles y rebeldes":
Nesta novela, Jessica cóntanos a historia da súa vida (da infancia e da xuventude). Aquí explícanos como era a súa familia, dicindo que era unha familia moi pouco convencional por ter o pensamente de que as mulleres non se lles debería de levar a escola e só necesitaban recibir algunhas clases de diferentes actividades (sin ser educativos como se daba no colexio).
Nárranos como é a vida case encerrada na casa sen relación aparente con ningunha outra rapaza, como a educaba súa nai ao principio da súa vida e como despois ían institutrices á súa casa. A protagonista, xa que non lle gustaba a súa vida coa súa familia, decidíu abandoar e irse cara a España de moi cativa coa súa parella. Despois duns anos, voltou a súa casa e veuse sumerxida nunha chea de recordos da súa infancia.
A historia está chea de matices humoríticos e satíricos, os cales fan que os lectores se acheguen a seguir lendo. Un tema que me fixo sobresaltar foi a ignorancia e frivolidade de Jessica xa que me pareceu moi inxenua e como consecuencia daba pasos en falso.
En cambio, o libro é moi apaixoado e fai que non queiras parar de ler, xa que fai que viaxes tempo atrás, situándote na época dos trinta. Vívise como moita exaltación os acontecementos que narra a autora sobre esa época e iso é un gran traballo e un gran mérito dela.
"La hija de la criada"
A difícil elección entre o amor e o sentido do deber, entre a amizade e as convencións sociais nas áridas chairas de Suráfrica. Corre o ano de 1919. Cathleen trasládase a Suráfrica, ao duro e desértico Karoo, para casar co seu prometido ao que non viu en cinco anos. Pero o matrimonio non vai resultar como soñara. Illada nunha contorna inhóspita, Cathleen atopa consolo en escribir o seu diario e en criar aos seus dous fillos, Philip e Rose. Tamén a Ada, a filla da súa criada, á que ensina a ler e a tocar o piano, a amar a Chopin.
Todo se verá alterado cando Ada descobre que está embarazada, que espera un fillo mulato nun país que non admite as relacións entre brancos e negros. Ada escápase ao sentir que traizoou a Cathleen. Desprezada e marxinada por ambas as comunidades, ten que loitar pola súa supervivencia e a da súa filla. A música, e Cathleen, serán os seus refuxios.
La hija de la criada é unha emotiva novela, cargada de sentimentos, que retrata con fondo detalle o drama e a desolación de dúas mulleres de implacable valor cuxa profunda amizade lévalles a superar as inhumanas convencións sociais dunha época e os perigosos límites da segregación. Unha historia que nos ensina que máis aló da crueldade humana perdura o amor e a esperanza.
Encantoume! Fálanos da forza da muller, das diferenzas e separacións que pode chegar a crear a sociedade por mor da cor da pel. A música asolaga cada páxina. Tenra, emotiva e chea de mensaxes.
"O asasino que hai en min":
O tatuador de Auschwitz:
A historia sitúase na Segunda Guerra Mundial e todo comeza cando Lale viaxa nun vagón de tren por Polonia rodeado doutros homes que tampouco saben cando van alcanzar o seu destino. Despois de varios días chegan ao campo de concentración onde lle arrebatan todas as súas pertenzas e mesmo a identidade, porque pasan a ser coñecidos cpo un número gravado na pel.
Lale conseguiu un posto como tatuador que lle outorgaba certos privilexios. Coñece a Gita, unha moza da cal namora e os seus encontros dábanlle esperanza para saír de alí. Ven como centos de compañeiros desaparecen sen explicación. Tras varios anos de sufrimento conseguen fuxir.
Gústame a historia de amor porque transmite que o amor pode nacer en lugares moi escuros e tristes e que dá motivos para non se render. Unha novela que se vén de converter nunha das miñas favoritas poque o autore é capaz de describir as sensacións e fai que o lectorado sexa un preso máis do exército alemán. Unha historia tremendamente conmovedora e dura que me fixo chorar e reflexionar sobre o privilexiada que son e a sorte que teño de non que vivir situacións coma esa.
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio