Este é un libro que recolle relatos
de varias autoras e ilustradoras. Contos curtos inspiradores sobre
situacións nas que se encontran as mulleres ou rapazas a diario e as que se
teñen que enfrontar. Neles móstrase como as protagonistas se transforman para
logra empoderarse.
Cómpre salientar que para
min os relatos destacaron todos, tanto pola súa orixinalidade como polos temas
que tratan.
Este libro curtiño e cuns
relatos apenas de dúas páxinas logrou que espertara en min un gran interese por
lelos. Ademais conta cunhas ilustracións magníficas.
Estes relatos
paréceme que tratan temas moi interesantes, xa que tratan temas presentes na
realidade como que un neno se sente nena, que elas intentan a igualdade ou que
queren practicar deportes dos que se din que son para os homes, pero relatados
dunha maneira na que resultan entretidos e amenos.
En conclusión, pareceume un
gran libro, moi fácil de ler e a súa vez moi fermoso. Recomendaríallo a todos,
xa que é un libro para gozar da lectura e a súa vez reflexionar sobre
situacións cotiás nas que se encontra a muller a día de hoxe, e polas que
debemos loitar para conseguir a igualdade.
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)