Blogger Template by Blogcrowds.

 Repetimos lecturas todos os anos porque hai libros que son ventás e servirán sempre para nos introducir no tema. A medida que avanzamos o curso, algúns cambiámolos. Este curso resultou moi alentador xa que tiñamos un grupo de mozas moi lectoras con azos de aprender e conseguimos ler tres libros por trimestre:




 

La regla mola

 



 

 

Idiotizadas


 

Coño dramas

 

 En 1º de Bacharelato lemos variado


1.- "Enma" de Jane Austen


 



2.- "Fausto" de Goethe

Fausto es un drama filosófico sobresaliente en el que se trata entre muchos otros puntos una pregunta clave en la historia de la humanidad; el sentido de la vida. Igual podemos llegarnos a sentir identificados con el protagonista puesto que es uno de esos personajes complejos lleno de inquietudes y que está dispuesto a hacer cualquier cosa por resolverlas. Puede ser que el libro nos muestre a Fausto como una simple víctima y a Mefisto como el villano principal pero la grandeza de la obra reside en que esto, como en otros grandes trabajo deja a los lectores la misión de interpretarlo a su manera, y eso está a la altura de pocas novelas. 

 

En conclusión creo q Fausto es una de esas obras que debemos leer al menos una vez en la vida con unos diálogos muy bien trabajados, una excelente caracterización de personajes y por lo tanto podemos incluirla en el selecto grupo de obras cumbre de la literatura universal. 

 

3.- "Orgullo e prexuízo"



 


4.-  Kallocaína (Karin Boye)

En Kallocaína, Karin Boye preséntanos unha sociedade opresiva e uniforme, na que a individualidade foi erradicada. O protagonista,Leo Kall, é un home casado e pai de dous fillos que traballa como químico nun laboratorio do estado. Neste laboratorio, desenvolveuse unha droga chamada Kallocaína, que fai que as persoas sexan máis sinceras consigo mesmas e revelen os seus verdadeiros pensamentos e sentimentos. Kall decide probar a droga e, como resultado, comeza a cuestionar a sociedade na que vive e a plantexarse a posibilidade dun cambio radical.


A novela de Boye é unha crítica á sociedade totalitaria e á falta de liberdade individual. A autora mostra como a uniformidade e o conformismo son impostos polo Estado, que busca o control absoluto sobre a vida das persoas. A sociedade que describe Boye é claustrofóbica e axofiante, e a falta de liberdade individual é palpable en todos os aspectos da vida cotiá.


Kall, como personaxe principal, é unha figura complexa e ben desenvolvida. Ao longo da novela, a súa transformación de cidadán obediente a rebelde é creíble e convincente. A forma en que Kall cuestiona o seu mundo e busca a verdade é un reflexo do desexo humano de liberdade.


A prosa de Boye é fluída e accesible, o que fai que a novela sexa fácil de ler. A autora utiliza unha variedade de técnicas literarias para construír o mundo opresivo da novela, incluíndo o uso da primeira persoa para narrar a historia dende a perspectiva de Kall o que facilita a inmersión dentro do mundo do libro.


En conclusión, Kallocaína é unha novela distópica que destaca pola súa crítica á sociedade totalitaria e á falta de liberdade individual. A novela é unha exploración dos temas da identidade individual e do desexo humano de liberdade. Se buscas unha obra literaria que che faga reflexionar sobre a natureza humana e a sociedade na que vivimos, Kallocaina é unha excelente opción que che fara replantexarte moitas cousas sobre o mundo no que vivimos e sobre o poder e control que ten o Estado sobre nos mesmos. 

 

5.- Mr. Vértigo de Paul Auster

é unha novela que combina elementos de fantasía,
drama e aventura para crear unha historia única e emocionante. O protagonista,
Walter Claireborne Rawley, é un neno orfo que é adoptado polo misterioso e
enigmático Mr. Vértigo. Este personaxe ensínao a voar e lévao a unha escola de
maxia onde se lle ensina a arte da ilusión e a prestidixitación.
Unha das cousas que máis me gusta desta novela é a forma na que o autor emprega
unha linguaxe poética e unha narrativa imaxinativa para crear unha atmosfera
máxica e surrealista. A través da prosa de Auster, o lector é levado a un mundo cheo
de marabillas e misterios onde se mestura a realidade e a fantasía.
Con respecto ós personaxes, creo que a relación entre Walter e Mr. Vértigo é un dos
aspectos máis interesantes da novela. Aínda que Mr. Vértigo é un personaxe
misterioso e enigmático, a forma na que interactúa con Walter é moi conmovedora e
ás veces desgarradora. A medida que Walter aprende a voar e descobre unha nova
forma de ver o mundo, tamén comeza a cuestionar a súa propia identidade e a loitar
cos seus demos internos.
A pesar de todo, creo que a trama pode ser un pouco previsible nalgúns momentos e
que algúns personaxes poderían estar máis desenvolvidos, pero o autor logra crear
unha galería de personaxes interesantes e únicos, dende o misterioso e enigmático
Mr. Vértigo ata o excéntrico mestre Yehudi, cada personaxe aporta algo diferente á
historia. Non é o xénero narrativo que máis me chama a atención, e aínda que ten
algúns problemas menores, en xeral creo que é unha obra excelente que vale a pena
ler.
 

6.- "Persuasión" 





 

7.-"Una habitación propia"





 

8.-A señora Dalloway

 


 

9.- Jane Eyre 


 

Este é o terceiro curso que lemos xuntas. Foron descolgándose algúns nenos pero tamén foi aumentando o número de nenas. Len e gozan da lectura, pero sobre todo gozan recomendándose entre elas as súas lecturas, por iso é difícil manter a proposta dun só libro para todas e prefiren ler ao seu xeito para logo compartir as súas opinións nas reunións. Ademais, dos libro lidos tivemos a sorte de contar con Fernando Domenech, tradutor de "Siluetas na area" quen deixou escrito:

A primeira vez que crucei o limiar do IES Laxeiro, non o fixen por pracer nin porque o buscase especialmente, máis ben todo o contrario. Pero unha cousa son as circunstancias da vida e outra as persoas que podes atopar grazas a estas. O caso é que de alí a pouco, fun dar coa fantástica bibliotecaria do centro, Gracia Santorum, que me ilustrou sobre a tradición literaria do centro, con visitas dos más importantes escritores galegos retratados nunha envexable galería, me mostrou o "Vestíbulo de Igualdade" (parte da biblioteca centrada nesa temática que ocupa á entrada á parte antiga do centro), o fabuloso mural pintado por Laxeiro, e as múltiples actividades realizadas polo alumnado, que ocupan os corredores da zona moderna do instituto, e demostran unha participación e unha implicación diría caseque febril.

Tamén tiven ocasión de dedicar para o centro un exemplar de "Siluetas na area", pois a biblioteca (pertencente a @bescolaresgal) está abonada ás coleccións de #RinoceronteEditora, e foi nese momento cando prometín a Gracia que pasaría a comentar a obra co club de lectura do alumnado cando eles quixeren.
Pois esta promesa fíxose realidade esta semana, e dígovos, de corazón, que foi unha das experiencias máis fermosas ás que me deu pé este libriño, que tantas me vén dando. Atopei unhas alumnas galegofalantes de seu, cun galego precioso, agudas e penetrantes lectoras malia a súa curta idade, que mostraron un gran aprezo pola lectura dos relatos de #isabelleeberhardt. Mesmo atopei unha moza alxeriana residente en Lalín que falaba perfectamente galego, e que se mostrou entusiasta coa nosa escritora: "unha raíña, encántame", dixo.
As fotos adoitan ser unha mostra imperfecta da realidade. Mais, con todo, creo que estas se achegan aceptablemente ao gozo e a ledicia que se viviu nesa hora e media longa  na capital do cocido galego. Intres así compensan o esforzo de traducir e escribir e a dura tarefa que supón hoxe en día ser profesor de secundaria.
Os meus parabéns a Gracia, á súa rapazada lectora e ao @ies.laxeiro, que me fixeron sentir como na casa. Contades comigo sempre para o que precisedes!
 





 
Tamén contamos coa visita de Antía Yáñez e o seu libro "Non penses nun elefante rosa", quen dixo:
Foi un pracer o encontro de hoxe. n grupo be xeitoso que dá gusto. Dálles os meus parabéns.
 


 

  Un club de lectura creado para alumnado con certas dificultades e poucos anceios aos que nos fi difícil enganchar. 4 nenos e 2 nenas bastante desmotivadxs cos que variamos lecturas e lingua (3 libros en galego e 3 en castelán) con diferentes resultados e gustos.


A formiga fóra do carreiro

 


El secreto de mi madre



Os golfiños e o xigante

 


Bajo la misma estrella



O neno do pixama de raias

 


El cementerio del capitán Nemo




Publicacións máis antigas