Blogger Template by Blogcrowds.

Este libro resultou moi difícil para este nivel educativo, porque deita olladas diferentes cara a unha figura maxistral e pouco coñecida, pero que serviu de base para logo visionar a película "Agora" e tamén falar dela.



Primeiro vimos a película, logo lemos o libro. Ao revés, si, pero pagou a pena. O libro emocionou máis cá película.


Ruiz Zafón sabe como chegar ao alumnado, abofé!


O martes 7 de febreiro un grupo de alumnas e un alumno de 2º da ESO do noso IES compartiron un xantar e o visionado dunha película baseada no libro El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares que xa leran previamente.


Despois de dúas longas horas de película, a conclusión á que chegou a maioría é que, coma case sempre, a versión escrita é mellor que a cinematográfica. A pesar de que o filme lles gustou, datos e detalles que para elas foron moi importantes no libro non aparecían reflectidos ou aparecían de maneira moi superficial na película.
Polo que respecta á primeira parte da obra de Ranson Riggs, recoñecen que o inicio se lles fixo bastante pesado xa que avanza de maneira moi lenta, pero que a partir da chegada do protagonista á illa na que se atopa o bucle, a obra comezou a enganchalos e non podían parar de ler para resolver o enigmático desenlace.

Este tipo de novela de fantasía e aventuras, onde os temas da amizade, dos primeiros amores, de celos e de historias entre reais e fantásticas, é, sen dúbida, a preferida polas mozas e mozos neste franxa de idade.


Un libro que gusta e un autor que normalmente engancha ao lectorado, máis a este tipo de nenos e nenas que queremos enganchar á lectura. De feito, este é un dos libros que máis gustou de entre todos os lidos.



Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio