Blogger Template by Blogcrowds.




Las muñecas son para las niñas de Ludovic Flamant e Jean-Luc Englebert, publicado por Tramuntana, é un deses álbums imprescindibles cando falamos de igualdade. O título indícanos subrepticiamente de que vai, porque a onde quere chegar é a todo o contrario: o libro fala dos prexuízos que existen na sociedade, aquí identificados sobre todo co pai, aínda que tamén coa nai, sobre cales son os xoguetes que deben ter os nenos e cales non; por suposto, unha moneca non é para un neno, e sobrevoa esta denuncia no álbum. Un álbum que está contado polo irmán maior, o que lle aporta asemade un toque de orixinalidade.
Así que é un álbum ideal para educar en igualdade, para reflexionar sobre o triste feito de que entrar nunha xoguetería é entrar de cheo no mundo sexista que aínda está vixente. Ao seu carón, poderiamos falar doutros temas como as tarefas domésticas e as contradicións dos maiores.

A primeira reunión do CLUB DE LECTURA MATEMÁTICA DE 1º DE ESO xirou arredor deste libro que son pequenas historias sobre diferentes aspectos das Matemáticas: de onde apareceron os números, da serie de Fibonacci, sobre os fractais, etc. 



En xeral, o libro gustou. Dous nenos dixeron que eles preferían unha novela que libros deste tipo, así que o próximo será unha novela ben divertida!



Unha moza afouta que salvará ao Príncipe e loitará contra os dragóns.




é un libro tan impactante como necesario para coñecer de primeira man o mundo da escravitude feminina do século XXI. A lecura provoca noxo e indignación, a certeza de que vivimos nun mundo salvaxe e que miramos para outro lado. Con el, vermos como as mulleres son explotadas para enriquecer un negocio que non debería existir. As mullers son compradas, trasladadas, usadas e intercambiadas mentres son ameazadas. Unha vida que non é vida, un inferno na terra. E uns homes que son conscientes do que están a comprar. Porque os que acoden alí son os verdadeiros culpables. E é que a prostitución é trata de seres humanos. Nin máis nin menos. Rematemos co mito da liberdade e do traballo de prostitución voluntario; debaixo hai coacción, ameazas, violencia extrema, opresión.
Algunhas compoñentes do club contaban que o libro non lles gustaba porque non estaba ben escrito. Eu creo que precisamente iso está buscado, porque as palabras son as dun proxeneta arrepentido. O que fai a autora é unha transcrición consciente dese testemuño desgarrador que nos impacta e nos enfada, por moi arrepentido que arestora estea.
Que clase de goberno e gobernantes temos? Estes que permiten que isto ocorra. Que isto se perpetúe.
Si, resulta unha lectura salvaxe.



Achegándonos ao mundo do narcotráfico... Unha obra de teatro para compartir en voz alta personaxes e interpretacións.



Para saber máis sobre vidas de mulleres achegámonos a estes cómics que demostran que as mulleres valentes que loitaron contra os prexuízos sociais existiron e existen, aínda que fosen ocultadas.


Unha serea que non renunciará a quen ela é por nada, nin por amor.

Aproveitando que tiñamos este libro na biblioteca do centro grazas a un anterior club científico, lemos este libro que non tivo éxito entre o noso alumnado porque pareceu un pouco "infantil"


Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio