Blogger Template by Blogcrowds.

Este é o primeiro libro que o Club de Lectura comandado por Sara Castro elixiron para compartir. E Laura Soengas quere deitarnos a súa opinión sobre o libro:






Este libro “Bajo la misma estrella” de John Green publicado por Nube de Tinta gustoume moito e por iso gustaríame que todos e todas os que estivésedes lendo isto vos interesarades por el porque é un libro marabilloso, máxico, que te fai sentir, rir , faite pensar  e ata case chorar. Unha fermosa historia na cal hai amor, amizade, desamor, alegría, tristeza enfermidade (cancro), relacións familiares, experiencias…
A min pareceume un libro algo triste xa que …ben, non teño palabras que o expliquen: só léndoo  poderédelo entender e saber. Aínda que tamén teño que dicirvos  que non falta o humor.
É un libro que quixeras que nunca terminase xa que cando iso ocorre, quedas con ganas de máis.
Eu aconséllolle a  todo o mundo que o lea porque non se vai arrepentir .

A que esperades, buscádeo e descubride o mundo da lectura.

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio