Blogger Template by Blogcrowds.

Éxito asegurado. O tipo de libros axeitado para este lectorado que non defrauda nunca. Unha vez máis, choran polo final, que querían fose feliz, claro está.





Unha Cincenta que se indenpendiza e rexeita os zapatos altos con taco e príncipes, desconstrúe estereotipos e axuda a formar mozas decididas e independentes.






"Invisibles", de Montse Fajardo, é un libro que reúne sete historias de maltrato machista contadas por Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña. Son experiencias reais que estas mulleres sufriron ou viron dende cerca, dende violencia emocional ata verbal ou física e con finais máis ou menos felices.




Unha Carapuchiña que se dedica a procurar flores moradas polo bosque e rise da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo. Un xeito de deconstruír os contos clásicos e crear mozas intelixentes que rexeitan os roles e estereotipos.




Nos clubs de lectura pola igualdade de  2º de ESO e de 3º de ESO lemos este libro.



Unha alumna fala así del:



Este libro non conta ningunha historia. Non sucede ningunha aventura e a historia non segue un eixe cronolóxico moi marcado.
No seu lugar, O diario violeta de Carlota mostra como, aínda que actualmente pensemos que está superado, segue habendo machismo na nosa sociedade, e de que se prestamos un pouco de atención, veremos moitas inxustizas que antes parecían normais.
É o libro perfecto para abrir os ollos a todo o mundo e que, como Carlota, poñamos os lentes violetas. Un gran libro para iniciarse no feminismo e para entender a importancia e o significado do movemento.
Aínda que estou de acordo cas ideas que dá, debo dicir que non me rematou de gustar a forma na que se fala dos ideais de beleza femininos na industria da moda, non pola idea que transmite, senón polas palabras que utiliza.
De todas maneiras, penso que este é un libro moi recomendable e, na miña opinión, debería ser lido de maneira obrigatoria nos institutos.

 


Necesario é  falar de igualdade, de muller que non se somete ao home, de liberdade, de crer nunha mesma... un álbum que denuncia a discriminación e combate estereotipos que, desgrazadamente, inda existen. Todo isto se agocha tras estas dúas tartarugas chamadas Artur e Clementina que ideou Adela Turín hai máis de trinta anos e que está ilustrada por Nella Bosnia que publica Kalandraka. Un libro que non debe faltar nas escolas e nas casas para axudar nunha educación igualitaria que debe seguir cada día nunha loita continua, xa que a guerra non rematou nin está vencida.

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio