Blogger Template by Blogcrowds.

  • Neste curso 2013-14  desenrolouse un Club de Lectura  orientado cara a “Literatura de intriga e policíaca ”.
  • A coordinadora desta actividade foi a profesora de lingua castelá Rosa Mª Álvarez.
  • Estuvo dirixido a alumnos de 4º ESO.
  • Escolléronse as seguintes lecturas:
  1. Comezouse con La oscura luz del Tíber da autora Lola Gándara (Editorial Edebé, Barcelona, 2000), como tivemos que mercar algún exemplar e tardaron un pouco en chegar, antes limos Guárdate de los idus,  para entrar na época na que transcorren os feitos e no estilo da autora.
  2. A continuación Bícame, Frank de Miguel Ánxo Fernández ( Editorial Galaxia, 2013), último título publicado da Serie de Frank Soutelo.
  3. E finalmente, Pan, educación, libertad (Editorial Tusquets, Barcelona, 2013)  do mais recente premio San Clemente, Petros Márkaris.
  • Como actividades complementarias fixéronse:
  1. Unha charla da Profesora de Linguas Clásicas, Mª José Canal, que lles falou da figura de Nerón e a súa época.
  2. Visionado dun documental recomendado pola profesora de Linguas Clásicas, titulado “Los malos de la historia: Nerón” para entender mellor a época e os sucesos dos que se fala en La oscura luz del Tíber.
  3. O día 29 de abril realizaron unha visita á Feira do Libro de Santiago e mercaron exemplares para a Biblioteca na Librería Follas Novas, fixeron unha visita guiada aos espazos máis emblemáticos do Palacio de Fonseca (Aula Magna, Capela…) incluída a Biblioteca América, visitaron tamén a Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia e as cubertas do edificio, e pola tarde participaron na visita guiada a unha Biblioteca do Século XXI, a Biblioteca Concepción Arenal, no Campus Sur da USC.
  4. Así mesmo, o día 22 de maio, o escritor, crítico cinematográfico e profesor da Facultade de Comunicación Audiovisual do Campus de Vigo, Miguel Ánxo Fernández, deulles unha interesantísima charla de presentación do seu último libro do xénero detectivesco Bícame, Frank, na que tamén lles explicou os seus primeiros pasos na creación literaria e logo lles mostrou as probas finais, uns días antes da súa publicación, de O espido de Gina, as súa mais recentísima novela. 




Publicacións máis recentes Inicio