Blogger Template by Blogcrowds.

O club de lectura de Sara Castro reuniuse novamente arredor do libro Palabras encadenadas de Jordi Galcerán. Desta volta é Mari Carmen López a encargada de falarnos deste libro.





Para min este libro de Jordi Galcerán  “Palabras encadenadas”  é un gran libro, independentemente do que poida pensar moita xente que cre  que é un libro lioso.
Á hora de lelo a uns pareceralles fermoso e a outros un aburrimento, dependerá  dos gustos, pero creo que  sen dúbida é  un libro pensado para sorprender e facer pensar ao lector.
É unha obra de teatro que trata dunha  prisioneira que está nun escuro soto, atada e  amordazada  e ve como  Ramón, o seu  exmarido e secuestrador, resulta ser un asasino en serie. Entre eles empezará nese momento un longo xogo  que terá un prezo alto…

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio