Blogger Template by Blogcrowds.

O  luns 30 de xaneiro, un grupo de alumnas e alumnos de 1º da ESO reuníronse no salón de actos do noso IES para compartir un xantar e unhas reflexións arredor dun libro. Neste caso o libro escollido foi Tres espejos: Luna y Espada de Sebastián Hugo Vargas.


Esta novela podía lerse de dúas maneiras diferentes: por unha banda ler a historia de Yue (Luna) e por outra a de Jian (Espada), dous mozos namorados que teñen que separarse por culpa da guerra pero que prometen reencontrarse na festa dos farois.  Cada un deles sofre unha serie de contratempos e aventuras que os levará a tardar moito tempo en atoparse. Outra das maneiras de ler o libro é ir alternando por capítulos a versión de cada un deles e así poder ver o que están a sufrir os dous protagonistas ao mesmo tempo.

A conclusión sacada desta xuntanza é que ás alumnas lles gustou máis a versión de Luna (máis romántica e sensible) e aos alumnos a de Espada (máis aventureira e arriscada). Aínda así, todos concordaron en que é unha historia de amor fermosa, un amor igualitario onde ámbolos dous namorados fan o imposible por atopárense de novo.


Aproveitando tamén o número de exemplares deste libro, mercado hai anos para un antigo club de lectura, quixemos falar da crise económica a través da novela negra.

Este libro non lles gustou demasiado  porque lles pareceu que con tantos personaxes estranxeiros levaban a confusión o que lles provocaba ter que ler e reler constantemente, ademais a temática pareceulles pouco atractiva para a súa idade.


Comentario dunha alumna: Non é un libro que me gustase moito xa que non alcanzou todas as miñas expectativas pero pareceme que describe moi ben a situación de Grecia naquela época e que segue tendo agora e ensina como abandonan os seus prototipos.


Sabiamos que este libro é un deses que non defraudan, que axuda a crear lectorado. E así foi. Despois de ler "Un monstro vén a verme" decidímonos por este, que sempre deita un bo sabor de boca. E así foi.


Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio