Las muñecas son para las niñas de Ludovic Flamant e Jean-Luc Englebert, publicado por Tramuntana,
é un deses álbums imprescindibles cando falamos de igualdade. O título
indícanos subrepticiamente de que vai, porque a onde quere chegar é a
todo o contrario: o libro fala dos prexuízos que existen na sociedade,
aquí identificados sobre todo co pai, aínda que tamén coa nai, sobre
cales son os xoguetes que deben ter os nenos e cales non; por suposto,
unha moneca non é para un neno, e sobrevoa esta denuncia no álbum. Un
álbum que está contado polo irmán maior, o que lle aporta asemade un
toque de orixinalidade.
Así que é un álbum ideal para educar en igualdade, para reflexionar
sobre o triste feito de que entrar nunha xoguetería é entrar de cheo no
mundo sexista que aínda está vixente. Ao seu carón, poderiamos falar
doutros temas como as tarefas domésticas e as contradicións dos maiores.
A primeira reunión do CLUB DE LECTURA MATEMÁTICA DE 1º DE ESO xirou arredor deste libro que son pequenas historias sobre diferentes aspectos das Matemáticas: de onde apareceron os números, da serie de Fibonacci, sobre os fractais, etc.
En xeral, o libro gustou. Dous nenos dixeron que eles preferían unha novela que libros deste tipo, así que o próximo será unha novela ben divertida!
Etiquetas: Club de lectura Matemática de 1º ESO, Curso 2017-2018, Reunión
é un libro tan impactante como necesario para coñecer de primeira man o mundo da escravitude feminina do século XXI. A lecura provoca noxo e indignación, a certeza de que vivimos nun mundo salvaxe e que miramos para outro lado. Con el, vermos como as mulleres son explotadas para enriquecer un negocio que non debería existir. As mullers son compradas, trasladadas, usadas e intercambiadas mentres son ameazadas. Unha vida que non é vida, un inferno na terra. E uns homes que son conscientes do que están a comprar. Porque os que acoden alí son os verdadeiros culpables. E é que a prostitución é trata de seres humanos. Nin máis nin menos. Rematemos co mito da liberdade e do traballo de prostitución voluntario; debaixo hai coacción, ameazas, violencia extrema, opresión.
Algunhas compoñentes do club contaban que o libro non lles gustaba
porque non estaba ben escrito. Eu creo que precisamente iso está
buscado, porque as palabras son as dun proxeneta arrepentido. O que fai a
autora é unha transcrición consciente dese testemuño desgarrador que
nos impacta e nos enfada, por moi arrepentido que arestora estea.
Que clase de goberno e gobernantes temos? Estes que permiten que isto ocorra. Que isto se perpetúe.
Si, resulta unha lectura salvaxe.
Achegándonos ao mundo do narcotráfico... Unha obra de teatro para compartir en voz alta personaxes e interpretacións.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 3º ESO, Curso 2017-2018
Para saber máis sobre vidas de mulleres achegámonos a estes cómics que demostran que as mulleres valentes que loitaron contra os prexuízos sociais existiron e existen, aínda que fosen ocultadas.
Aproveitando que tiñamos este libro na biblioteca do centro grazas a un anterior club científico, lemos este libro que non tivo éxito entre o noso alumnado porque pareceu un pouco "infantil"
Etiquetas: 4º ESO, Club de lectura Científico, Curso 2017-2018
Éxito asegurado. O tipo de libros axeitado para este lectorado que non defrauda nunca. Unha vez máis, choran polo final, que querían fose feliz, claro está.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 3º ESO, Curso 2017-2018
Unha Cincenta que se indenpendiza e rexeita os zapatos altos con taco e príncipes, desconstrúe estereotipos e axuda a formar mozas decididas e independentes.
"Invisibles", de Montse Fajardo, é un libro que reúne sete historias de
maltrato machista contadas por Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e
Begoña. Son experiencias reais que estas mulleres sufriron ou viron
dende cerca, dende violencia emocional ata verbal ou física e con finais
máis ou menos felices.
Unha Carapuchiña que se dedica a procurar flores moradas polo bosque e rise da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo. Un xeito de deconstruír os contos clásicos e crear mozas intelixentes que rexeitan os roles e estereotipos.
Nos clubs de lectura pola igualdade de 2º de ESO e de 3º de ESO lemos este libro.
Unha alumna fala así del:
Este libro
non conta ningunha historia. Non sucede ningunha aventura e a historia non
segue un eixe cronolóxico moi marcado.
No seu
lugar, O diario violeta de Carlota
mostra como, aínda que actualmente pensemos que está superado, segue habendo
machismo na nosa sociedade, e de que se prestamos un pouco de atención, veremos
moitas inxustizas que antes parecían normais.
É o libro
perfecto para abrir os ollos a todo o mundo e que, como Carlota, poñamos os
lentes violetas. Un gran libro para iniciarse no feminismo e para entender a
importancia e o significado do movemento.
Aínda que
estou de acordo cas ideas que dá, debo dicir que non me rematou de gustar a
forma na que se fala dos ideais de beleza femininos na industria da moda, non
pola idea que transmite, senón polas palabras que utiliza.
De todas
maneiras, penso que este é un libro moi recomendable e, na miña opinión,
debería ser lido de maneira obrigatoria nos institutos.
Necesario é falar de igualdade,
de muller que non se somete ao home, de liberdade, de crer nunha
mesma... un álbum que denuncia a discriminación e combate estereotipos
que, desgrazadamente, inda existen. Todo isto se agocha tras estas dúas
tartarugas chamadas Artur e Clementina que ideou Adela Turín hai máis de trinta anos e que está ilustrada por Nella Bosnia que publica Kalandraka.
Un libro que non debe faltar nas escolas e nas casas para axudar nunha
educación igualitaria que debe seguir cada día nunha loita continua, xa
que a guerra non rematou nin está vencida.
Unha Bela que non se namora da Besta porque sabe que a auténtica fermosura está no interior das persoas.
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)













