Blogger Template by Blogcrowds.

Gustou menos do que pensabamos, a verdade, e algúns lectores non quixeron nin rematalo.


Este libro foi unha proposta dunha das integrantes do club. Quixo retomar a actividade de comparar o libro coa película, e foi un éxito, porque este libro encanta. Coma sempre, gusta máis o libro cá película.




Porque tamén hai que celebrar o amor.... Este libro encantou e foi votado como o mellor dos lidos no club este curso.






Como toque final dentro do noso club de lectura relacionado co plan proxecta "Donas de si", acudimos a este libro, que nos introduce no universo feminino matemático, tocando figuras case descoñecidas para o público en xeral e que non tiveron a notoriedade histórica que merecían polo feito de seren mulleres. De aí a importancia deste tipo de lecturas que dan a coñecer ao noso alumnado aquelas figuras femininas ocultas pola sociedade patriarcal na que vivimos e que agora debemos ir desvelando pouco a pouco co noso traballo.

Ao final, realizamos un Manequin Challenge para visibilizar e recoñecer o labor das nosas científicas galegas, que podedes ver no blogue da biblioteca.

En 2º de ESO decidimos que iamos ler todos os libros que teñan adaptación cinematográfica, para ver a película o día da reunión e poder comparar ambas producións. O estraño resultou que este libro non gustou, porque segundo afirmaron as ilustracións impedían deixar paso ao maxín. En cambio o filme gustou máis.



Aproveitamos asemade para ver a película, que impactou máis có libro, pois este ten palabras que resultan particulamente difíciles a estes rapaces e rapazas con estas características.


Xa que todo o centro andaba a ler os libros de LEdicia Costas, o noso club de lectura non quixo ser menos. O libro encantounos!


Este libro convocou a varios clubs o mesmo día arredor dunha autora, xa que tivemos a sorte de que viñese ao noso centro. Así, arredor dela, estabamos o Club de LEctura pola Igualdade de 3º de ESO, o Club de Lectura "Lois Pereiro" de 4º de ESO e o club de lectura feminista de 1º de Bacharelato.




A nova foi recollida no blogue da biblioteca.


Opinión dunha alumna: “Este libro encantoume porque mostra como as mulleres nos deixamos levar por aquelas tradicións de toda a vida e que fan que a muller amose un segundo posto na sociedade, e tamén repara na ausencia de cambio por parte de todos dende o que fai que esas tradicións se leven acabo (os avós) ata nós.”


Curioso isto dos gustos. Este libro, aposta real da profesora, non gustou nada. E iso que nos consta que é un libro que adoita gustar. Pero desta volta non acertamos con este noso club.


Este libro convocou a varios clubs o mesmo día arredor dunha autora, xa que tivemos a sorte de que viñese ao noso centro. Así, arredor dela, estabamos o Club de LEctura pola Igualdade de 3º de ESO, o Club de Lectura "Lois Pereiro" de 4º de ESO e o club de lectura feminista de 1º de Bacharelato.
Foi un pracer coñecer a autora e que nos contase o proceso de creación dos seus libros, dos dous, e que xa hai un terceiro en marcha.



Recollémolo no blogue da biblioteca.

Este libro resultou moi difícil para este nivel educativo, porque deita olladas diferentes cara a unha figura maxistral e pouco coñecida, pero que serviu de base para logo visionar a película "Agora" e tamén falar dela.



Primeiro vimos a película, logo lemos o libro. Ao revés, si, pero pagou a pena. O libro emocionou máis cá película.


Ruiz Zafón sabe como chegar ao alumnado, abofé!


O martes 7 de febreiro un grupo de alumnas e un alumno de 2º da ESO do noso IES compartiron un xantar e o visionado dunha película baseada no libro El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares que xa leran previamente.


Despois de dúas longas horas de película, a conclusión á que chegou a maioría é que, coma case sempre, a versión escrita é mellor que a cinematográfica. A pesar de que o filme lles gustou, datos e detalles que para elas foron moi importantes no libro non aparecían reflectidos ou aparecían de maneira moi superficial na película.
Polo que respecta á primeira parte da obra de Ranson Riggs, recoñecen que o inicio se lles fixo bastante pesado xa que avanza de maneira moi lenta, pero que a partir da chegada do protagonista á illa na que se atopa o bucle, a obra comezou a enganchalos e non podían parar de ler para resolver o enigmático desenlace.

Este tipo de novela de fantasía e aventuras, onde os temas da amizade, dos primeiros amores, de celos e de historias entre reais e fantásticas, é, sen dúbida, a preferida polas mozas e mozos neste franxa de idade.


Un libro que gusta e un autor que normalmente engancha ao lectorado, máis a este tipo de nenos e nenas que queremos enganchar á lectura. De feito, este é un dos libros que máis gustou de entre todos os lidos.



Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio