O martes 7 de febreiro un grupo de
alumnas e un alumno de 2º da ESO do noso IES compartiron un xantar e o
visionado dunha película baseada no libro El
hogar de Miss Peregrine para niños peculiares que xa leran previamente.
Despois de dúas longas horas de
película, a conclusión á que chegou a maioría é que, coma case sempre, a
versión escrita é mellor que a cinematográfica. A pesar de que o filme lles
gustou, datos e detalles que para elas foron moi importantes no libro non
aparecían reflectidos ou aparecían de maneira moi superficial na película.
Polo que respecta á primeira parte da
obra de Ranson Riggs, recoñecen que o inicio se lles fixo bastante pesado xa
que avanza de maneira moi lenta, pero que a partir da chegada do protagonista á
illa na que se atopa o bucle, a obra comezou a enganchalos e non podían parar
de ler para resolver o enigmático desenlace.
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)