Blogger Template by Blogcrowds.

Xa que todo o centro andaba a ler os libros de LEdicia Costas, o noso club de lectura non quixo ser menos. O libro encantounos!


Este libro convocou a varios clubs o mesmo día arredor dunha autora, xa que tivemos a sorte de que viñese ao noso centro. Así, arredor dela, estabamos o Club de LEctura pola Igualdade de 3º de ESO, o Club de Lectura "Lois Pereiro" de 4º de ESO e o club de lectura feminista de 1º de Bacharelato.




A nova foi recollida no blogue da biblioteca.


Opinión dunha alumna: “Este libro encantoume porque mostra como as mulleres nos deixamos levar por aquelas tradicións de toda a vida e que fan que a muller amose un segundo posto na sociedade, e tamén repara na ausencia de cambio por parte de todos dende o que fai que esas tradicións se leven acabo (os avós) ata nós.”


Curioso isto dos gustos. Este libro, aposta real da profesora, non gustou nada. E iso que nos consta que é un libro que adoita gustar. Pero desta volta non acertamos con este noso club.


Este libro convocou a varios clubs o mesmo día arredor dunha autora, xa que tivemos a sorte de que viñese ao noso centro. Así, arredor dela, estabamos o Club de LEctura pola Igualdade de 3º de ESO, o Club de Lectura "Lois Pereiro" de 4º de ESO e o club de lectura feminista de 1º de Bacharelato.
Foi un pracer coñecer a autora e que nos contase o proceso de creación dos seus libros, dos dous, e que xa hai un terceiro en marcha.



Recollémolo no blogue da biblioteca.

Este libro resultou moi difícil para este nivel educativo, porque deita olladas diferentes cara a unha figura maxistral e pouco coñecida, pero que serviu de base para logo visionar a película "Agora" e tamén falar dela.



Primeiro vimos a película, logo lemos o libro. Ao revés, si, pero pagou a pena. O libro emocionou máis cá película.


Ruiz Zafón sabe como chegar ao alumnado, abofé!


O martes 7 de febreiro un grupo de alumnas e un alumno de 2º da ESO do noso IES compartiron un xantar e o visionado dunha película baseada no libro El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares que xa leran previamente.


Despois de dúas longas horas de película, a conclusión á que chegou a maioría é que, coma case sempre, a versión escrita é mellor que a cinematográfica. A pesar de que o filme lles gustou, datos e detalles que para elas foron moi importantes no libro non aparecían reflectidos ou aparecían de maneira moi superficial na película.
Polo que respecta á primeira parte da obra de Ranson Riggs, recoñecen que o inicio se lles fixo bastante pesado xa que avanza de maneira moi lenta, pero que a partir da chegada do protagonista á illa na que se atopa o bucle, a obra comezou a enganchalos e non podían parar de ler para resolver o enigmático desenlace.

Este tipo de novela de fantasía e aventuras, onde os temas da amizade, dos primeiros amores, de celos e de historias entre reais e fantásticas, é, sen dúbida, a preferida polas mozas e mozos neste franxa de idade.


Un libro que gusta e un autor que normalmente engancha ao lectorado, máis a este tipo de nenos e nenas que queremos enganchar á lectura. De feito, este é un dos libros que máis gustou de entre todos os lidos.



O  luns 30 de xaneiro, un grupo de alumnas e alumnos de 1º da ESO reuníronse no salón de actos do noso IES para compartir un xantar e unhas reflexións arredor dun libro. Neste caso o libro escollido foi Tres espejos: Luna y Espada de Sebastián Hugo Vargas.


Esta novela podía lerse de dúas maneiras diferentes: por unha banda ler a historia de Yue (Luna) e por outra a de Jian (Espada), dous mozos namorados que teñen que separarse por culpa da guerra pero que prometen reencontrarse na festa dos farois.  Cada un deles sofre unha serie de contratempos e aventuras que os levará a tardar moito tempo en atoparse. Outra das maneiras de ler o libro é ir alternando por capítulos a versión de cada un deles e así poder ver o que están a sufrir os dous protagonistas ao mesmo tempo.

A conclusión sacada desta xuntanza é que ás alumnas lles gustou máis a versión de Luna (máis romántica e sensible) e aos alumnos a de Espada (máis aventureira e arriscada). Aínda así, todos concordaron en que é unha historia de amor fermosa, un amor igualitario onde ámbolos dous namorados fan o imposible por atopárense de novo.


Aproveitando tamén o número de exemplares deste libro, mercado hai anos para un antigo club de lectura, quixemos falar da crise económica a través da novela negra.

Este libro non lles gustou demasiado  porque lles pareceu que con tantos personaxes estranxeiros levaban a confusión o que lles provocaba ter que ler e reler constantemente, ademais a temática pareceulles pouco atractiva para a súa idade.


Comentario dunha alumna: Non é un libro que me gustase moito xa que non alcanzou todas as miñas expectativas pero pareceme que describe moi ben a situación de Grecia naquela época e que segue tendo agora e ensina como abandonan os seus prototipos.


Sabiamos que este libro é un deses que non defraudan, que axuda a crear lectorado. E así foi. Despois de ler "Un monstro vén a verme" decidímonos por este, que sempre deita un bo sabor de boca. E así foi.


Xa que todo o centro estivo a ler a Agustín Fernández Paz no primeiro trimestre de curso, este club de lectura non quixo ser menos e achegouse a este libro, que non foi do gusto lector dos integrantes. Algo que sentimos ben, por certo. 


Procuramos neste club aproveitar os libros comprados en anos anteriores para outros clubs de lectura, e este foi o primeiro que escollemos:




O libro encantou a todo o alumnado participante.
Comentario dunha alumna: “O libro de Ladydi é un libro moi duro, xa que amosa a realidade de moita xente, en especial de moitas mulleres. É un libro moi recomendable e que calquera pode ler.”



Cine e Literatura van da man. Así que si, fomos ao cine e lemos. Caste todos os clubs do Laxeiro decidiron compartir este libro que podería ser o libro -e a película- do ano.
Pero o resultado non sempre é o mesmo. A diferenza dos de 2º, ao lectorado de 1º o libro non acabou de gustar, porque amosa unha realidade moi dura á que eles e elas non queren enfrontarse. 
Curioso.

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio