Blogger Template by Blogcrowds.

O  luns 30 de xaneiro, un grupo de alumnas e alumnos de 1º da ESO reuníronse no salón de actos do noso IES para compartir un xantar e unhas reflexións arredor dun libro. Neste caso o libro escollido foi Tres espejos: Luna y Espada de Sebastián Hugo Vargas.


Esta novela podía lerse de dúas maneiras diferentes: por unha banda ler a historia de Yue (Luna) e por outra a de Jian (Espada), dous mozos namorados que teñen que separarse por culpa da guerra pero que prometen reencontrarse na festa dos farois.  Cada un deles sofre unha serie de contratempos e aventuras que os levará a tardar moito tempo en atoparse. Outra das maneiras de ler o libro é ir alternando por capítulos a versión de cada un deles e así poder ver o que están a sufrir os dous protagonistas ao mesmo tempo.

A conclusión sacada desta xuntanza é que ás alumnas lles gustou máis a versión de Luna (máis romántica e sensible) e aos alumnos a de Espada (máis aventureira e arriscada). Aínda así, todos concordaron en que é unha historia de amor fermosa, un amor igualitario onde ámbolos dous namorados fan o imposible por atopárense de novo.


0 Comments:

Post a Comment



Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio