Etiquetas: Club de Sara Castro
Etiquetas: Club de lectura poética, En lingua galega
Etiquetas: Club de lecturas ilustradas, Historia, Racismo
No club de lecturas científicas comezamos neste terceiro trimestre con este libro de Vicente Muñoz Puelles que publica a editorial Anaya:
Como introdución ao libro vimos esta presentación e falamos da viaxe que durou 5 anos a bordo do famoso Beagle, barco da Armada Británica.
Como el dicía que o home descende do mono, chegaron a ridiculizalo e publicaron imaxes del co corpo dun mono e a súa cabeza.
Etiquetas: Club de lectura Científico, Evolución
Un relato que conta a historia dunha familia constituída por un rato que domina a muller; pero cando ocorre unha catástrofe é a femia quen dá a solución aos problemas, a que dirixe a situación e entón cando o lector ou a lectora comprende que o rato era puro fume; ou sexa, desvalorízase a figura paterna para pór en valor a materna. Unha vez máis, o libro serve para amosarnos a desigualdade existente na realización das tarefas domésticas e as responsabilidades da vida cotiá.
Etiquetas: Álbums ilustrados, Club de lecturas ilustradas, En lingua galega
Desta volta xuntámonos o día 30 de abril tres clubs de lectura arredor de Señal, de Raúl Vacas: o club de lectura de poesía do IES Laxeiro, o club de lectura de igualdade do mesmo centro e o club de adultos. Toda unha experiencia estética arredor dun libro de poemas e arredor dunha persoa única. Tan intensa foi que nos esquecemos de realizar fotografías.
Sobre o amor e o sexo, lemos imaxes cargadas de sensacións, de cor, unha introdución fresca ao impulso sexual e audacia no ronsel da paixón. O contraste entre o que foi intenso e xa non o é, o baleiro, a morte do amor que foi... O mundo unifícase en torno a un ser simbólico. Apreciamos tamén a entrega total do ser amado máis alá da vida, "amor máis alá da morte" como en Quevedo. O amor na vellice é permanecer xuntos na hecatombe final, entrañable final feliz dos contos que celebran o encontro amoroso.
Na segunda parte, a voz poética pregúntase como explicar o inexplicable, ás veces ocorre o máis terrible, existe unha procura infructuosa que condena os amantes á morte, aínda que o amor case a vence; pero hai que aprender a afastarse cando hai un erro, cando queda o baleiro despois do amor, non hai lugar para enterrar as bágoas.
Na terceira e última parte, a morte. A soidade, a terra baleira, a incertidume, a obstinación por regresar. Lemos tamén o retorno á absoluta laxitude do gozo uterino, previo á vida humana; mesmo unha exposición de hipóteses e desexos. No baleiro amoroso medran a morte e a devastación, unha loita de contrarios no propio ou alleo sexo.
Raúl Vacas falounos de que é necesaria a visión literaria para falar de morte e de sexo, temas que na vida cotiá ocúltanse nas conversas. Tamén comentou como influíran os seus autores preferidos na escrita deste libro: Alejandra Pizarnik, Dámaso Alonso, Rafael Pérez Estrada, Rafael Alberti, Leopoldo Panero... O libro está feito á súa medida, por ser o seu proxecto máis persoal. Afástase da rima e de estruturas métricas, xa que non hai límites á hora de escribir.
Falou tamén da poesía en xeral. De que non hai que traducir de xeito literal cada verso, xa que o poema o que quere é transmitir sentimentos. Non cómpre entendelo todo, só debemos dialogar coa poesía: "ha hecho mucho daño la solemnidad en poesía"; poesía como invitación a vivir, con intensidades diferentes, a recuperar, a xogar.
E por suposto, comentou tamén a falta de palabras para falar de amor, de sexo, da pouca naturalidade coa que se tratan temas como o da morte.
LER TEN QUE VER CON ELIXIR.
Etiquetas: Club de lectura poética, poesía
Etiquetas: Adolescencia, Club de lectura Científico
No trimestre negro do instituto non podiamos ser menos, e achegámonos a este libro dun galego, Miguel Anxo Fernández.
Etiquetas: Club de Sara Castro
Este mes seguimos coas lecturas pola Igualdade. Esta é unha historia sobre unha tribo moi singular onde as bonobas andan ocupadísimas para que eles coman e pasen o día sen nada que facer. Tanto traballaban que non tiñan dereito a aprender... o que aprendían con só escoitar. Pero, iso si, sen dereitos. E como todo cansa, as bonobas decidiron reberlarse e cambiar de vida.
E seguimos! É o turno de:
Agora máis ca nunca volvemos ter unha educación machista e rosa, unha volta atrás a etapas que as mulleres criamos superadas. Non só a publicidade, senón a política, a sociedade actual, volve a tinguirnos de rosa, a desexarnos un só futuro: amas de casa e princesas. Por iso libros coma este son tan necesarios.
Porque semella que a involución que estamos a sufrir non importa a ninguén. Inculcar ás nenas que deben coidar do fogar e da súa figura, esquecéndose de toda forma de emancipación, é arestora algo natural. Os xoguetes son rosas. A roupa é rosa. O pensamento é rosa... E hai miles de libros de cor rosa. E esta tonalidade plantéxase como unha opción cando é unha imposición. Sen autonomía, dende o berce, as nenas son educadas e encamiñadas nun pensamento único e colonial.
Etiquetas: Álbums ilustrados, Club de lecturas ilustradas, En lingua galega
Etiquetas: Club de lectura Matemática
18 mulleres -difícil tivo de ser a escolla- que forman parte da historia por mérito propio e que moitas veces son esquecidas por seren, simplemente, mulleres: Hipatia, Concepción Arenal, Marie Curie, Florence Nightingale, María Montessori, Alice Guy-Blaché, Isadora Duncan, Virginia Woolf, Clara Campoamor, Amelia Mary Earhart, Margaret Bourke-White, Frida Kahlo, Hellen Keller, Dian Fossey, Rosa Parks, Gertrude Ederle, Irena Sendler e Miriam Makeba. Ou sexa, temos mulleres poetas, pintoras, científicas, políticas...
Etiquetas: Álbums ilustrados, Club de lecturas ilustradas
Comezamos coas lecturas pola igualdade con este álbum:
Necesario é falar de igualdade, de muller que non se somete ao home, de liberdade, de crer nunha mesma... un álbum que denuncia a discriminación e combate estereotipos que, desgrazadamente, inda existen. Todo isto se agocha tras estas dúas tartarugas chamadas Artur e Clementina que ideou Adela Turín hai máis de trinta anos e que está ilustrada por Nella Bosnia que publica Kalandraka. Un libro que non debe faltar nas escolas e nas casas para axudar nunha educación igualitaria que debe seguir cada día nunha loita continua, xa que a guerra non rematou nin está vencida.
Etiquetas: Álbums ilustrados, Club de lecturas ilustradas, En lingua galega
Etiquetas: Club de Sara Castro
Etiquetas: Club de lectura poética, Día de Rosalía, En lingua galega, poesía
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio