Esta novela desenvólvese unha tarde na que unha nai e os seus
fillos esperan a chegada do seu pai despois dunha xornada de traballo na que
el cerraría un importante contrato de ascenso. Para celebralo, a súa muller
prepara o prato preferido do pai, mexillóns. Pero este non chega e a tensión
empeza a poderarse dos presentes, facendo así que comece unha rebeldía
liberadora pola vida a que estaban sometidos polo ausente.
Este libro é capaz de expresar a angustia que as personaxes desprenden
dende a voz da nena, é complexo, ambicioso e dotado dunha forza arrolladora.
Proponnos Raquel Díaz Reguera en Cuando las niñas vuelan alto publicado por Lumen
o empoderamento das nenas, a forza necesaria para sermos o que nós
queiramos ser, sen impedírnolo polo mero feito de nacer mulleres. Por
iso, debemos tirar as pedras que polo camiños as diferentes trampas
sociais nos van poñendo, e seguir o noso camiño igual de lixeiras.
Porque temos os mesmos dereitos, porque podemos chegar a onde queiramos,
loitemos por facer os nosos soños de futuro realidade. Iso é o que
aspiramos.
O libro resulta moi sinxelo de ler e non se fai para nada longo, xa que o importante é o contido e por iso non topamos unha prosa chea de florituras, o que si temos é ironía, humor, denuncia social, política e moito feminismo. Esta parte é a máis importante e conséguese que forme parte dunha historia de amor de xeito natural, dun xeito eficiente. A moza protagonista é máis que crible: afoga entre a seguridade exterior, con ideas moi claras, e as fraquezas interiores que a agobian e que pretende ocultar... ata que no pode máis. De aí o título, posto que a esta muller está chea de inseguridades, de medos, de decepcións... O normal nunha moza nova. Como o é o feito de estar namorada e pensar que todo pode derrubarse se ese amor fracasa, porque o amor é o que sostén a vida, non a propia persoa. De aí xorde o conflito. Paga a pena recalar nos personaxes que pululan arredor da protagonista, sobre todo a figura do pai, moi chamativa, e as amizades que vai facendo polo camiño. Por suposto, a autora aproveita para deitar crítica social nas súas páxinas, ferímonos coas aristas que nos ensina e aprendemos coas súas referencias feministas: así que acertamos de pleno ao escollela como lectura dos nosos clubs de lectura feministas.
Un álbum para descubrir 12 mulleres que os libros de Historia agochan,
unha vez máis, como adoita ocorrer porque esa historia está escrita
polos homes. E aínda que o meu pensamento sexa "ogallá que en lugar de
12 falase de moitas máis!!!", temo que aínda así estas doce mulleres
constitúan unha descuberta para moita xente. Así que benvida a
publicación deste libro na nosa lingua e con protagonistas da nosa
terra. Canto cómpren este tipo de publicacións! Un deses libros que
deben estar en lugar destacado de toda biblioteca escolar, sen ningunha
dúbida. Mercalo podería considerarse obrigatorio.
Falamos, pois, de doce biografías de mulleres pertencentes a diversas
áreas
profesionais como son o xornalismo, a medicina, a
literatura, o fútbol, a música ou os avances
científicos. Todas elas, claro está, desenvolven ese traballo nunha
contorna opresora, hostil, contraria ao seu desenvolvemento profesional.
De aí que se convirtan en modelos de esforzo e de valentía, porque ser
pioneira non é cousa doada, porque resistir a incomprensión da sociedade
non é tarefa ao alcance de calquera.
Sirenas de Jessica Love,
publicado por Kókinos, é un álbum para rachar con estereotipos
-masculinos e femininos-, para falar de diversidade, contado dende a
sensibilidade e converténdose en exemplo de tolerancia. Máis que o texto
-mínimo-, son as ilustracións -que rebordan cor- as que nos iluminan
coa intención do libro. Un libro que se converte, por tanto, en
instrumento esencial para falar coa normalidade debida de
transexualidade.
Las muñecas son para las niñas de Ludovic Flamant e Jean-Luc Englebert, publicado por Tramuntana,
é un deses álbums imprescindibles cando falamos de igualdade. O título
indícanos subrepticiamente de que vai, porque a onde quere chegar é a
todo o contrario: o libro fala dos prexuízos que existen na sociedade,
aquí identificados sobre todo co pai, aínda que tamén coa nai, sobre
cales son os xoguetes que deben ter os nenos e cales non; por suposto,
unha moneca non é para un neno, e sobrevoa esta denuncia no álbum. Un
álbum que está contado polo irmán maior, o que lle aporta asemade un
toque de orixinalidade.
Así que é un álbum ideal para educar en igualdade, para reflexionar
sobre o triste feito de que entrar nunha xoguetería é entrar de cheo no
mundo sexista que aínda está vixente. Ao seu carón, poderiamos falar
doutros temas como as tarefas domésticas e as contradicións dos maiores.
A primeira reunión do CLUB DE LECTURA MATEMÁTICA DE 1º DE ESO xirou arredor deste libro que son pequenas historias sobre diferentes aspectos das Matemáticas: de onde apareceron os números, da serie de Fibonacci, sobre os fractais, etc.
En xeral, o libro gustou. Dous nenos dixeron que eles preferían unha novela que libros deste tipo, así que o próximo será unha novela ben divertida!
Etiquetas: Club de lectura Matemática de 1º ESO, Curso 2017-2018, Reunión
é un libro tan impactante como necesario para coñecer de primeira man o mundo da escravitude feminina do século XXI. A lecura provoca noxo e indignación, a certeza de que vivimos nun mundo salvaxe e que miramos para outro lado. Con el, vermos como as mulleres son explotadas para enriquecer un negocio que non debería existir. As mullers son compradas, trasladadas, usadas e intercambiadas mentres son ameazadas. Unha vida que non é vida, un inferno na terra. E uns homes que son conscientes do que están a comprar. Porque os que acoden alí son os verdadeiros culpables. E é que a prostitución é trata de seres humanos. Nin máis nin menos. Rematemos co mito da liberdade e do traballo de prostitución voluntario; debaixo hai coacción, ameazas, violencia extrema, opresión.
Algunhas compoñentes do club contaban que o libro non lles gustaba
porque non estaba ben escrito. Eu creo que precisamente iso está
buscado, porque as palabras son as dun proxeneta arrepentido. O que fai a
autora é unha transcrición consciente dese testemuño desgarrador que
nos impacta e nos enfada, por moi arrepentido que arestora estea.
Que clase de goberno e gobernantes temos? Estes que permiten que isto ocorra. Que isto se perpetúe.
Si, resulta unha lectura salvaxe.
Achegándonos ao mundo do narcotráfico... Unha obra de teatro para compartir en voz alta personaxes e interpretacións.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 3º ESO, Curso 2017-2018
Para saber máis sobre vidas de mulleres achegámonos a estes cómics que demostran que as mulleres valentes que loitaron contra os prexuízos sociais existiron e existen, aínda que fosen ocultadas.
Aproveitando que tiñamos este libro na biblioteca do centro grazas a un anterior club científico, lemos este libro que non tivo éxito entre o noso alumnado porque pareceu un pouco "infantil"
Etiquetas: 4º ESO, Club de lectura Científico, Curso 2017-2018
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)













