Blogger Template by Blogcrowds.

Unha serea que non renunciará a quen ela é por nada, nin por amor.

Aproveitando que tiñamos este libro na biblioteca do centro grazas a un anterior club científico, lemos este libro que non tivo éxito entre o noso alumnado porque pareceu un pouco "infantil"


Éxito asegurado. O tipo de libros axeitado para este lectorado que non defrauda nunca. Unha vez máis, choran polo final, que querían fose feliz, claro está.





Unha Cincenta que se indenpendiza e rexeita os zapatos altos con taco e príncipes, desconstrúe estereotipos e axuda a formar mozas decididas e independentes.






"Invisibles", de Montse Fajardo, é un libro que reúne sete historias de maltrato machista contadas por Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña. Son experiencias reais que estas mulleres sufriron ou viron dende cerca, dende violencia emocional ata verbal ou física e con finais máis ou menos felices.




Unha Carapuchiña que se dedica a procurar flores moradas polo bosque e rise da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo. Un xeito de deconstruír os contos clásicos e crear mozas intelixentes que rexeitan os roles e estereotipos.




Nos clubs de lectura pola igualdade de  2º de ESO e de 3º de ESO lemos este libro.



Unha alumna fala así del:



Este libro non conta ningunha historia. Non sucede ningunha aventura e a historia non segue un eixe cronolóxico moi marcado.
No seu lugar, O diario violeta de Carlota mostra como, aínda que actualmente pensemos que está superado, segue habendo machismo na nosa sociedade, e de que se prestamos un pouco de atención, veremos moitas inxustizas que antes parecían normais.
É o libro perfecto para abrir os ollos a todo o mundo e que, como Carlota, poñamos os lentes violetas. Un gran libro para iniciarse no feminismo e para entender a importancia e o significado do movemento.
Aínda que estou de acordo cas ideas que dá, debo dicir que non me rematou de gustar a forma na que se fala dos ideais de beleza femininos na industria da moda, non pola idea que transmite, senón polas palabras que utiliza.
De todas maneiras, penso que este é un libro moi recomendable e, na miña opinión, debería ser lido de maneira obrigatoria nos institutos.

 


Necesario é  falar de igualdade, de muller que non se somete ao home, de liberdade, de crer nunha mesma... un álbum que denuncia a discriminación e combate estereotipos que, desgrazadamente, inda existen. Todo isto se agocha tras estas dúas tartarugas chamadas Artur e Clementina que ideou Adela Turín hai máis de trinta anos e que está ilustrada por Nella Bosnia que publica Kalandraka. Un libro que non debe faltar nas escolas e nas casas para axudar nunha educación igualitaria que debe seguir cada día nunha loita continua, xa que a guerra non rematou nin está vencida.





Unha Bela que non se namora da Besta porque sabe que a auténtica fermosura está no interior das persoas.

O primeiro libro que escollemos foi "Terra" de Xurxo Mariño, porque é un libro ameno onde o autor consegue facer verdadeira divulgación científica, algo que sabemos que non é doado. Ademais, contabamos con que o alumnado tivo a sorte de escoitar a Xurxo cando fixera unha visita ao Laxeiro, antes de escribir este libro, co que xa tiñamos unha parte da andaina realizada. E foi un éxito.



Un libro que gusta e un autor que normalmente engancha ao lectorado, máis a este tipo de nenos e nenas que queremos enganchar á lectura. De feito, este é un dos libros que máis gustou de entre todos os lidos.







Un relato que conta a historia dunha familia constituída por un rato que domina a muller; pero cando ocorre unha catástrofe é a femia quen dá a solución aos problemas, a que dirixe a situación e entón cando o lector ou a lectora comprende que o rato era puro fume; ou sexa, desvalorízase a figura paterna para pór en valor a materna. Unha vez máis, o libro serve para amosarnos a desigualdade existente na realización das tarefas domésticas e as responsabilidades da vida cotiá.




Agora máis ca nunca volvemos ter unha educación machista e rosa, unha volta atrás a etapas que as mulleres criamos superadas. Non só a publicidade, senón a política, a sociedade actual, volve a tinguirnos de rosa, a desexarnos un só futuro: amas de casa e princesas. Por iso libros coma este son tan necesarios.
Porque semella que a involución que estamos a sufrir non importa a ninguén. Inculcar ás nenas que deben coidar do fogar e da súa figura, esquecéndose de toda forma de emancipación, é arestora algo natural. Os xoguetes son rosas. A roupa é rosa. O pensamento é rosa... E hai miles de libros de cor rosa. E esta tonalidade plantéxase como unha opción cando é unha imposición. Sen autonomía, dende o berce, as nenas son educadas e encamiñadas nun pensamento único e colonial.

 
 Orixinal proposta para unha novela con catro protagonistas mulleres que van deitando a súa vida en cadanseu contestador automático. Capítulos curtos que se corresponden coas mensaxes deixadas, un para cada unha delas, que falan dunha liberdade frote a un contestador baleiro que simboliza unha era da comunicación incomunicada, porque o ser humano necesita falar, confesar os sentimentos, encararse ao padecemento escoitándose a si mesmo. Catro mulleres diferentes, diferentes xeracións, diferentes niveis culturais, diferentes situacións que tecen unha rede de relacións que nun principio semellaba impracticable.  Catro mulleres que van fortalecendo o seu carácter a medida que avanzan as páxinas e que precisan encararse co mundo que coñecen, trazando o seu propio camiño.
 Horrible a idea que nos ofrece do proxeneta, para o noso gusto.

 Neste primeiro trimestre, no CLUB DE LECTURA POLA IGUALDADE DE 2º DE ESO, imos ler cada semana un álbum para logo comentalo. E comezamos con este:




Esta é unha historia sobre unha tribo moi singular onde as bonobas andan ocupadísimas para que eles coman e pasen o día sen nada que facer. Tanto traballaban que non tiñan dereito a aprender... o que aprendían con só escoitar. Pero, iso si, sen dereitos. E como todo cansa, as bonobas decidiron reberlarse e cambiar de vida.
Un álbum que constiúe un fermoso alegato reivindicativo do papel loitador da muller, superando unha sociedade machista que establece límites absurdos sobre os roles de ambos sexos: unha socidade machista que se permite establecer o destino de cadaquén sen preguntar nin respectar.

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio