Esta novela escrita pola autora taiwanesa Jenny Witterick chegounos ao corazonciño máis tenro que todos
temos.
É
a primeira novela desta escritora afincada en Canadá e esperamos que non sexa a
derradeira.
A obra ten o drama do holocausto xudío
como fondo, un tema moi tratado na literatura xa . Pero a historia que nos
conta Witterick ten un toque diferente. A montaxe narrativa a catra voces é un xogo de pezas que hai
que ir encaixando e esa técnica propia dun puzzle fai de gancho para o lector.
O club de lectura dalle un OK a esta deliciosa noveliña chea de
coraxe e altruísmo.
“A min persoalmente gustoume moito este libro porque nos demostra
que aínda hai xente boa e xusta no mundo, xente que está disposta a poner en
perigo a súa propia vida por salvar a dos demais” . Soledad Otero parece que o ten claro.
A Sonia García parece que tamén lle tocou a
fibra esta novela. “É unha fermosa historia chea de respecto, amor, compaixón,
tristeza, bondade , coraxe e xenerosidade. Esta xoia de libro é máxico e con el
daraste conta de que por moitos problemas que teñas na vida sempre pode haber
xente cunha situación peor. . A min gustoume moito esta historia baseada en
feitos reais porque os bos valores que esperas da xente na vida están todos
neste libro”.
Tres
estrelas “meulibrín” para a obra de
Witterick.
Neste enlace podes ver unha pequeña
entrevista coa autora
Etiquetas: Club de Sara Castro
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)