Blogger Template by Blogcrowds.

 Un club que botamos a andar o curso pasado e do que podemos presumir. Reunímonos sempre para comer arredor dun prato e dun libro, unha vez ao mes (case sempre)


 













 PAra alumnado con dificultades de 4º da ESO baixo a dirección de Xandra Quiroga, con 6 nenos e 3 nenas.

 

 





 

Para alumnado con dificultades de 4º da ESO baixo a dirección de Iago Xosé Doce, con 6 nenos e 3 nenas. 




 

O club de lectura clásico en 1º de Bacharelato contou con 10 mozas. Tentamos ler clásicos con perspectiva de xénero, e sobre todo coidamos que as lecturas sexan en galego se existe a tradución. Sorte temos que agora hai moitas editoriais que coidan este tema no noso país!

 




Este libro gustoume especialmente porque trata temas que seguen a ser actuais, como o orgullo, os prexuízos e a tendencia a xulgar ou intervir nas vidas dos demais sen coñecer a fondo as súas
emocións. O personaxe de Emma é complexo: ao principio pode parecer antipática
polo seu carácter dominante, pero iso é precisamente o que fai que a súa evolución
sexa tan interesante. A medida que se decata dos seus erros, vaise facendo máis
humana, máis próxima ao lector. Un exemplo que me marcou foi cando Emma
humilla sen querer a Miss Bates durante unha excursión; é un momento incómodo,
pero tamén clave para mostrar que Emma comeza a entender que as súas accións
teñen consecuencias. Tamén me encantou a relación con Mr. Knightley, porque non
é un amor idealizado, senón que medra a partir da amizade, do respecto e da
sinceridade, algo pouco común en moitas novelas románticas.
Ademais, a ironía sutil con que Jane Austen retrata á sociedade da época fixo que a
lectura fose tanto divertida como crítica. A través dos costumes, das clases sociais e
das limitacións impostas ás mulleres, Austen fainos reflexionar sen perder a

elegancia nin o humor. Por todo isto, Emma pareceume unha lectura valiosa e

enriquecedora.


Asemade, algunhas mozas leron libros independentes para logo facer unha recomendación no club. 

 

Ningún de nós ha volver:

 


Este libro foi unha experiencia que me deixou cun nó na gorxa. É un libro que nos move por dentro. A historia cóntase con total sinceridade, sen filtron nin adubíos. Fálanos directamente desde un lugar profundo de dor. Son fragmentos de recordos, de sensación, poesía que golpea. Sentimos o frío, o medo, a fame, e mesmo unha pequena esperanza que se agocha nunha ollada ou na sororidade entre mulleres.

Fíxome pensar en todo o que hoxe damos por sentado. Como nos queixamos de cousas mínimas, mentres elas loitaban por sobrevivir só un día máis. Este libro non é doado de ler, pero creo que debería ser de lectura obrigatoria. Porque, ademais de aprender sobre o Holocausto, fai que comprendas de verdade o que foi. Non con datas, senón con humanidade

 

 Orgullo e prexuízo:

 

 


 Cando empecei Orgullo e prexuízo, pensei que ía ser outro libro anticuado cheo de bailes e amoríos esaxerados. Pero sorprendeume. Detrás de toda esa atmosfera de vestidos longos e modais estritos, hai unha historia que aínda hoxe ten moito que contarnos.

Elizabeth Bennet, a protagonista, parecía moi adiantada ao seu tempo. Non é a típica rapaza que só quere casar ben e punto. Ten carácter, pensa por si mesma e non se deixa influenciar polas aparencias. E iso é fundamental, porque todo o libro trata precisamente diso: de como os prexuízos (como o que ten contra Darcy) e o orgullo (como o de Darcy ao principio) fan que xulguemos mal aos demais.

Tamén me gustou que Jane Austen critique sutilmente a sociedade na que vivía. Na súa época, as mulleres practicamente tiñan que casar para sobrevivir, e con todo Elizabeth non se conforma con nada. Espera algo real, con respecto e amor, non só unha boa posición social.

O estilo do libro pode ser un pouco lento ás veces, pero unha vez que te conectas decátaste de canto de intelixente é todo o que escribe Austen. Ten ironía, crítica social e personaxes que parecen reais, aínda que viviron hai máis de 200 anos.

En resumo, Orgullo e prexuízo é moito máis que unha historia de amor. É unha lección sobre como vemos aos demais e a importancia de ser ti mesmo, mesmo cando o mundo espera algo diferente de ti.

Un novo club de 15 mozas novas nestas lides, que se apuntaron e responderon bravamente.






 


 Mozos e mozas que levan neste club dende 2º de ESO. Só podemos sentir orgullo ante este club do que sabemos que irán pola vida coa bandeira da igualdade e da súa defensa como premisa ante calquera situación. 

Aproveitamos a compra dos libros para o club de lectura do profesorado para ler os mesmos pero noutra orde. Ademais, lemos:

O conto da criada

https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/2024/06/somos-booktuber-66.html


Un cuarto de seu

https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/2024/05/somos-booktuber-60.html



Como ser muller

 https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/2024/05/somos-booktuber-61.html

 

 

O azul entre o ceo e a auga



As gratitudes

https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/2024/06/somos-booktuber-65.html 

https://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com/2024/05/somos-booktuber-63.html




De novo centauro


A miña vida nas estradas





 Un club de lectura creado para alumnado con certas dificultades e poucos anceios aos que nos foi difícil enganchar. 6 nenos e 2 nenas bastante desmotivadxs cos que variamos lecturas e lingua (2 libros en galego e 3 en castelán) con diferentes resultados e gustos.

 Made in Galiza 




La aventura de Saïd




O corazón de Xúpiter



El guardavías




 Este curso -e só este curso- tivemos un compañeiro de Historia que se animou a levar un club de lectura con alumnado de 1º de bacharelato para afondar no pensamento crítico desta rapazada. Leron un libro por trimestre:

A granxa dos animais, de Orwell, en Kalandraka




No segundo trimestre, acudiron ao cómic ¡Puta guerra!


E na terceira avaliación, seguiron con cómic, neste caso, Maus:



 Reunión cada mes. Os libros lidos foron:


Como ser muller

 

 

 

O azul entre o ceo e a auga



As gratitudes




De novo centauro


Las mujeres detrás de Picasso

Contamos coa extraordinaria visita da autora quen compartiu connosco charla, mantel e ideas.





A miña vida nas estradas




 Repetimos lecturas todos os anos porque hai libros que son ventás e servirán sempre para nos introducir no tema. A medida que avanzamos o curso, algúns cambiámolos. Este curso resultou moi alentador xa que tiñamos un grupo de mozas moi lectoras con azos de aprender e conseguimos ler tres libros por trimestre:




 

La regla mola

 



 

 

Idiotizadas


 

Coño dramas

 

Publicacións máis antigas