Polas súas páxinas paseamos polos sentimentos de varios
personaxes que xiran arredor de Aurelio, un home de 90 anos, que garda
as súas lembranzas ata que a enfermidade llas rouba. O seu paso polo
mundo deixa un ronsel de amor e desamor, de agradecemento e de
resentimentos.
A editora Catro ventos pon á nosa disposición este precioso libro de hai corenta anos no que se fala da diferenza de trato e educación que reciben mulleres e homes. Un libro que data de 1978 presentará, daquela, grandes diferenzas coa nosa sociedade "igualitaria" do 2015. Ou non? Poderemos comprobar como temos avanzado nalgúns campos e como seguimos a sufrir as mulleres discriminacións en moitos eidos. Ogallá existisen grandes diferenzas, pero a realidade é que a nosa sociedade segue a educar de diferente maneira aos fillos e ás fillas; pero sobre todo observamos unha involución temible nos últimos anos. Por iso, este libro do Equipo Plantel con ilustracións de Luci Gutiérrez segue sendo válido para facer reflexionar en familia. A importancia, sempre, da Educación.
O luns
14 de maio celebramos a terceira reunión do Club de Lectura. O libro que
tiñamos para ler nesta ocasión era “El
misterio de la isla de Tokland“
de Joan Manuel Gisbert.
Cando propuxen
este libro tivo moi boa aceptación. Despois de lelo os alumnos aseguraron que
lles gustara, aínda que houbo partes que se lles fixeron algo arduas e en
ocasións un pouco confusas. Despois desta experiencia, recomendo a lectura
deste libro pero en cursos máis altos, quizais en 2º ou 3º de ESO.
O que mais lles gustou do libro foi a
resolución dos enigmas, parecéronlles difíciles e moi enxeñosos.
O que pretendía con este libro é facerlle ver aos rapaces a importancia de
interpretar ben as situacións, explorar as distintas alternativas e reflexionar
sobre as posibles solucións, tanto nas matemáticas como na vida cotiá. Tamén
quería que entendesen a importancia da constancia e do traballo en equipo á
hora de resolver problemas.
A maioría dos membros deste Club de Lectura
recomendamos esta lectura.
Fixamos a seguinte reunión para o 4 de xuño.
Etiquetas: Club de lectura Matemática de 1º ESO, Curso 2017-2018, Reunión
Supermujeres superinventoras. Ideas brillantes que transformaron nuestra vida de Sandra Uve : un catálogo ilustrado de máis de 90 inventoras,
unha por cada dobre páxina; a ilustración vén acompañada por unha breve
biografía que nos informa que fixeron estas mulleres no munda da
ciencia. Algunhas coñecerémolas xa polos libros publicados anteriormente
con este tema, pero outras resultáronme descoñecidas.
O máis chamativo é o prólogo, onde nos informa a autora do seu traballo
de investigación, posto que non lle resultou doado chegar ata todas
elas, xa que non hai información nos libros e en Internet non todo é
fiable. Sandra Uve lémbranos que había leis que prohibían ás mulleres
rexistrar patentes no seu nome, polo que moitas destas están baixo o
nome do esposo, e este aproveitaba para quedar co mérito.
“A medida que iba trabajando en el libro, pensaba en esas mujeres,
cuyas responsabilidades eran muchas y algunas de ellas poco agradables:
tenían que mantener el hogar; cuidar, educar y criar a una familia, a
veces con muchos hijos; acudir a las actividades que se consideraban
femeninas, permitidas por los hombres, como las reuniones para bordar y
coser, los clubes de lectura sobre normas de comportamiento femenino;
asistir a la iglesia, etc. Por no hablar del nutrido grupo de
emprendedoras que aparecen en este libro, a las que les costó aún más
salir adelante y dar de comer a sus hijos, porque se habían quedado
viudas y sin capital o incluso con deudas. No hubo ni un día en el que
no pensara: pero ¿cuándo y cómo han podido hacer sus inventos? Diseñar
un invento es una tarea ardua, costosa y complicada, que en muchos casos
necesita años para llevarse a cabo. Y la conclusión que siempre sacaba
era que sin duda se trataba de supermujeres”.
Luns como o comezo, o principio, o primeiro día da semana. E logo? Ir máis alá, avanzando dende a dor. Porque Eli Ríos golpea dende a primeira liña, non deixa risco para evadirse da desesperanza. “Vou morrer” en primeira persoa sen intermediarios nin narradores, nunha novela que doe, nunha protagonista feminina que toma a palabra, bota un pulso, pero a si mesma e de paso a todas nós. "Vou morrer". Dúas palabras que nos acompañan continuamente, que nos deitan unha realidade que desta volta convértese en novela, que nos doen pola proximidade, pola presenza dunha enfermidade que podería atacarnos en calquera momento. Poderiamos ser calquera de nós. A protagonista, unha persoa normal cunha vida normal. Normal? Non é acaso unha superheroína que leva unha vida que nin sequera lle deixa espazo á enfermidade? Unha muller que non pode enfermar. Non. Ten que seguir a traballar, a coidar dos fillos, da casa. Unha muller que debe seguir sorrindo. E imos descubrindo unha realidade máis atroz, se se pode falar de que hai realidades máis feroces ca un cancro terminal. Non ter dereito a enfermar, non ter dereito a deixar de sorrir. Hai esperanza nunha vida que remata? Hai amor, amizade, que loite contra a propia dor?
Unha novela que deixa que o lectorado poida descubrir as imperfeccións dunha sociedade que exerce presión sobre as mulleres, unha muller que conta a súa vida desde a súa propia visión, que escribe listas como un xeito de apreixar o tempo, ese que esvara entre os dedos sen percatarnos.
Cando remata a semana, a vida? Porque o final remata connosco, lectorado que se retrotrae nunha covardía desalentadora. Porque a voz que nos persegue dende esa primeira persoa, que se arrisca e nos arrolla, métenos na dor máis complexa, máis individual e máis social, na carrraxe dun final que preferiríamos que non existise. Nin na ficción nin na realidade. Pero está en ambas.
Etiquetas: Club de lectura pola Igualdade de 4º de ESO
O 7 de maio volvemos xuntarnos os dous clubs de lectura arredor dun mesmo libro e unha escritora: Eva Mejuto, que veu ao noso instituto para falarnos da necesidade de visibilizar a transexualidade e de tratala con normalidade nas nosas letras, onde había unha ausencia do tema.
Tivemos dous encontros: un co club de lectura de 3º e 4º de ESO e outro co club de lectura de 2º de ESO.
No
club de lectura de 4º da ESO estamos a aprender moito sobre Igualdade e
Feminismo. Temos tanto para ler! Na última sesión cada integrante pediu
ler un libro diferente. Laura Soto escolleu No es país para coños, de Diana López Varela publicado por Península. E falou así:
No es país para coños é unha
obra da xoven escritora galega Diana López, probablemente non
escoitarades o seu nome ata o de agora, pero estou segura de que algún
día será unha distinguida e portentosa escritora, bueno, portentosa xa o
é, o que necesita é moito máis recoñecemento.
O certo é que sen esaxerar dende que
lin esta refrescante e rompedora obra feminista a miña vida mudou dalgún
xeito. Non sempre fun feminista, de feito tan só hai un par de anos que
me intereso por este tema, cousa da cal me avergoño, pero tampouco
tivera moita marxe de tempo para saber que persoa quería ser. Pero agora
hai unha parte do meu ser que ten clara o que é, e esta é a de ser
feminista.
A verdade é que non creo que este libro
intente convencer a ninguén sobre o que ten que ser, simplemente penso
que nos responde a todas esas dúbidas que algunhas persoas se poden
chegar a plantexar sobre a necesidade dunha sociedade feminista, e tamén
contribúe a abrirnos os ollos, xa que nos mostra pequenos detalles que
antes podían ser imperceptibles, porén son estos pequenos detalles os
que marcan a diferenza entre unha sociedade igualitaria ou non.
Como dixen antes este libro
convertiuse nun símbolo importante para min, porque comecei a ver as
cousas doutro xeito moito menos común nesta sociedade de masas. Está
claro que a muller sempre é a do carácter brando e que entón cede ás
presións ou a aceptar as opinións contrarias con moitísima máis
facilidade que os homes. Estas series de prexuízos están totalmente
insertados nos cerebros de gran parte da poboación e ata o de agora eu
sabía que tanto eses ideais como as persoas que os defendían eran
totalmente repugnantes, entón intentaba ser o máis feminista posible,
sobre todo co entorno que me rodeaba. Pero logo de ler este libro deime
conta de que iso non é suficiente, Diana convídanos a loitar, a
manifestarnos, a levantarnos cada día coa cabeza ben alta orgullosas de
sermos quen somos, a que ninguén nos mande calar, a que non lle
permitamos a ninguén dicirnos que baixemos a voz que así estamos máis
guapas, porque non, non queremos nin eu, nin a escritora, nin ti calar,
queremos liberdade, e berrar.
Estou segura de que algún día por
sorte, estes libros desaparecerán por moi fermosos que sexan, serán coma
un libro contra a escravitude na España de hoxe en día.
Etiquetas: Club de lectura pola Igualdade de 4º de ESO
Unha reflexión sobre o sistema patriarcal dunha sociedade que indica diferentes xogos, diferentes cores, diferentes costumes... para nenos e nenas. A protagonista do álbum non logra entender a causa desta separación. Nin ela nin nós. Por iso amamos este libro. Porque fala de querernos como somos, de non aceptar etiquetas, de non aceptar os uniformes sociais, de non aceptar que debemos estar cortadxs polo mesmo patrón, senón que debemos respectar as nosas diferenzas e sobre todo debemos chegar a entender que nenos e nenas teñen exactamente os mesmos dereitos.
Moi interesante o feito de que a ilustración non defina nunca se Pecas é neno ou nena. Un xogo que convida.
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)