O luns 30 de xaneiro, un grupo
de alumnas e alumnos de 1º da ESO reuníronse no salón de actos do noso IES para
compartir un xantar e unhas reflexións arredor dun libro. Neste caso o libro
escollido foi Tres espejos: Luna y Espada
de Sebastián Hugo Vargas.
Esta novela podía lerse de dúas
maneiras diferentes: por unha banda ler a historia de Yue (Luna) e por outra a
de Jian (Espada), dous mozos namorados que teñen que separarse por culpa da
guerra pero que prometen reencontrarse na festa dos farois. Cada un deles sofre unha serie de
contratempos e aventuras que os levará a tardar moito tempo en atoparse. Outra
das maneiras de ler o libro é ir alternando por capítulos a versión de cada un
deles e así poder ver o que están a sufrir os dous protagonistas ao mesmo
tempo.
A conclusión sacada desta xuntanza é
que ás alumnas lles gustou máis a versión de Luna (máis romántica e sensible) e
aos alumnos a de Espada (máis aventureira e arriscada). Aínda así, todos
concordaron en que é unha historia de amor fermosa, un amor igualitario onde
ámbolos dous namorados fan o imposible por atopárense de novo.
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)