Blogger Template by Blogcrowds.



Ao longo deste primeiro trimestre o alumnado de primeiro de ESO que forma parte do club de lectura Científico estivo lendo o libro “EXO: A bioloxía nunca fora tan sexy” da editorial La Galera.
Nel descríbese a historia de Ziggy Stardust, un rapaz adolescente pertencente ó planeta Krokus e que, tras gañar un concurso de ciencias, obtén como premio unha viaxe ao planeta Terra no cal terá que realizar unha misión secreta.
Durante a súa estancia neste planeta, Ziggy descubre que o ser humano está acabando co mesmo: contaminación, efecto invernadoiro, cambio climático,  eliminación da cuberta vexetal, exceso de capturas animais... pero tamén decátase de que hai avances que benefician a sociedade e que existen persoas como a súa amiga Eva que loitan para que a Terra sexa un lugar máis confortable para vivir.

Será capaz de completar a misión que tiña encomendada?

Durante as sesións nas que estivemos comentando diversos fragmentos do libro, o alumnado tamén puido descubrir termos tan descoñecidos para eles como clonación, alimentos transxénicos, xene, proxecto xenoma humano... debater sobre os mesmos así como realizar aportacións sobre o que eles coñecían ou tiñan curiosidade por saber.
Ademais, xa que Ziggy era un gran admirador de certos grupos de música que existían na Terra, algunha das sesións foi amenizada con documentos sonoros dos mesmos.
Para mostra, un botón (botóns que certamente eran descoñecidos polo alumnado):



0 Comments:

Post a Comment



Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio