Éxito asegurado. O tipo de libros axeitado para este lectorado que non defrauda nunca. Unha vez máis, choran polo final, que querían fose feliz, claro está.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 3º ESO, Curso 2017-2018
Unha Cincenta que se indenpendiza e rexeita os zapatos altos con taco e príncipes, desconstrúe estereotipos e axuda a formar mozas decididas e independentes.
"Invisibles", de Montse Fajardo, é un libro que reúne sete historias de 
maltrato machista contadas por  Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e 
Begoña. Son experiencias reais que estas mulleres sufriron ou viron 
dende cerca, dende violencia emocional ata verbal ou física e con finais
 máis ou menos felices.
Unha Carapuchiña que se dedica a procurar flores moradas polo bosque e rise da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo. Un xeito de deconstruír os contos clásicos e crear mozas intelixentes que rexeitan os roles e estereotipos.
Nos clubs de lectura pola igualdade de  2º de ESO e de 3º de ESO lemos este libro.
Unha alumna fala así del:
Este libro
non conta ningunha historia. Non sucede ningunha aventura e a historia non
segue un eixe cronolóxico moi marcado.
No seu
lugar, O diario violeta de Carlota
mostra como, aínda que actualmente pensemos que está superado, segue habendo
machismo na nosa sociedade, e de que se prestamos un pouco de atención, veremos
moitas inxustizas que antes parecían normais.
É o libro
perfecto para abrir os ollos a todo o mundo e que, como Carlota, poñamos os
lentes violetas. Un gran libro para iniciarse no feminismo e para entender a
importancia e o significado do movemento.
Aínda que
estou de acordo cas ideas que dá, debo dicir que non me rematou de gustar a
forma na que se fala dos ideais de beleza femininos na industria da moda, non
pola idea que transmite, senón polas palabras que utiliza.
De todas
maneiras, penso que este é un libro moi recomendable e, na miña opinión,
debería ser lido de maneira obrigatoria nos institutos.
Necesario é  falar de igualdade,
 de muller que non se somete ao home, de liberdade, de crer nunha 
mesma... un álbum que denuncia a discriminación e combate estereotipos 
que, desgrazadamente, inda existen. Todo isto se agocha tras estas dúas 
tartarugas chamadas Artur e Clementina que ideou Adela Turín hai máis de trinta anos e que está ilustrada por Nella Bosnia que publica Kalandraka.
 Un libro que non debe faltar nas escolas e nas casas para axudar nunha 
educación igualitaria que debe seguir cada día nunha loita continua, xa 
que a guerra non rematou nin está vencida.
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
				Subscribe to:
				
Comentarios (Atom)




