Este é o primeiro libro que o Club de Lectura comandado por Sara Castro elixiron para compartir. E Laura Soengas quere deitarnos a súa opinión sobre o libro:
Este libro “Bajo
la misma estrella” de John Green publicado por Nube de Tinta gustoume moito e por iso gustaríame que todos e todas os que
estivésedes lendo isto vos interesarades por el porque é un libro marabilloso,
máxico, que te fai sentir, rir , faite pensar
e ata case chorar. Unha fermosa historia na cal hai amor, amizade,
desamor, alegría, tristeza enfermidade (cancro), relacións familiares,
experiencias…
A min pareceume
un libro algo triste xa que …ben, non teño palabras que o expliquen: só
léndoo poderédelo entender e saber.
Aínda que tamén teño que dicirvos que
non falta o humor.
É un libro que
quixeras que nunca terminase xa que cando iso ocorre, quedas con ganas de
máis.
Eu aconséllolle
a todo o mundo que o lea porque non se
vai arrepentir .
A que esperades,
buscádeo e descubride o mundo da lectura.
Etiquetas: Club de Sara Castro, Opinión dun libro
0 Comments:
Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribe to:
Publicar comentarios (Atom)