Blogger Template by Blogcrowds.



Durante o mes de maio lemos As viaxes de Gulliver do autor irlandés Jonathan Swift, na adaptación de Martin Jenkins, en Vicens Vivens. Antes de empezar a lectura buscamos información sobre o autor e o impacto desta obra no momento de publicación no seu tempo.  Esta actividade resultou especialmente interesante e enriquecedora xa que nos levou a discutir sobre a crenza tan estendida de que As Viaxes de Gulliver é unha lectura infantil.
            Coa lectura por partes descubrimos como  cada unha das catro viaxes que realiza Gulliver representa unha parte corrupta de Inglaterra e como o libro é unha critica ao goberno, á sociedade, á ciencia e á relixión . Nada máis actual e menos infantil! Lendo e comentando a novela, fomos vendo como o libro non é só unha historia dun xigante ou un ser diminuto como pensabamos a priori, chegando incluso a resultar unha lectura complicada por momentos. A dificultade para establecer o contexto histórico e social foi un dos problemas que fomos solucionando ao longo da lectura grazas á agradable prosa de Swift.
            Esta foi a última lectura en común do noso club e, como podedes ver na foto, decidimos  intercambiar os últimos pareceres sobre o libro ao redor duns  chocolates e zumes na cafetería do centro.


Por vez primeira, o noso Club de Lectura pola Igualdade realizou esta actividade. E o resultado foi magnífico!  Achegámonos ao colexio de Prado para lles contar contos aos nenos e nenas de 1º e 2º. Estaba un día estupendo e ocupamos os diferentes espazos verdes dos que este colexio goza. 
Logo, o alumnado de 6º quixo homanexear esta visita cun teatro de sombras do conto "Orellas de bolboreta" que nos deixou pampos pola súa profesionalidade.
E aínda por riba, saímos na portada do Faro de Vigo ao día seguinte.




Esta novela  escrita pola autora taiwanesa Jenny Witterick  chegounos ao corazonciño máis tenro que todos temos.




 É a primeira novela desta escritora afincada en Canadá e esperamos que non sexa a derradeira.

A obra ten o drama do holocausto xudío como fondo, un tema moi tratado na literatura xa . Pero a historia que nos conta Witterick ten un toque diferente. A montaxe narrativa a catra voces  é un xogo de pezas que  hai  que ir encaixando e esa técnica propia dun puzzle  fai de gancho para o  lector.

O club de lectura  dalle un OK a esta deliciosa noveliña chea de coraxe e altruísmo.

“A min persoalmente  gustoume moito este libro porque nos demostra que aínda hai xente boa e xusta no mundo, xente que está disposta a poner en perigo a súa propia vida por salvar a dos demais” . Soledad Otero parece que o  ten claro.

A Sonia García parece que tamén lle tocou a fibra esta novela. “É unha fermosa historia chea de respecto, amor, compaixón, tristeza, bondade , coraxe e xenerosidade. Esta xoia de libro é máxico e con el daraste conta de que por moitos problemas que teñas na vida sempre pode haber xente cunha situación peor. . A min gustoume moito esta historia baseada en feitos reais porque os bos valores que esperas da xente na vida están todos neste libro”.

Tres estrelas  “meulibrín” para a obra de Witterick.

Neste enlace podes ver unha pequeña entrevista  coa autora  



De novo abordamos  a lectura dun clásico adaptado,  Lazarillo de Tormes, na editorial Vicens Vives. Como non podía ser doutra forma gustounos moito e resultounos fácil mergullarnos na súa lectura. Divertiunos a astucia do Lazarillo para enganar a algúns dos seus amos e roubarlles a comida. Moito menos divertido foi ver o triste mundo no que vivía o protagonistas, e como a súa curta idade tiña que andar loitando só contra as dificultades: fame, violencia… 
                Sempre acertaremos recomendando este clásico da nosa literatura.









Esta obra de teatro gustou e non gustou. O clube non se puxo de acordo.

O grupo dos NON:

Isabel Otero: “A trama é liosa , con moitas personaxes, e perdinme moito cando o lía”
Sole Otero: “Fácil de ler, pero non é un libro do meu gusto. Fáltalle sentimento “

Carmen López: “Lo que menos me ha gustado ha sido ese final tan abierto…”
 
O grupo dos SI

Sonia García: “Gustoume, aínda que ao principio fixen un lío de nomes na miña cabeza.  Cando avancei na lectura foime collendo e finalmente ata me pareceu unha historia bastante emotiva. O final aberto gustoume e fíxome reflexionar sobre o duro da posguerra”.

Laura Soengas: “É un libro que engancha e ten bastante toques de humor. Para min estivo xenial”.

Félix Estévez: “A min gustoume porque é emotivo e ten unha chispa de humor”


Quizais nunha carreira en bicicletas podamos desempatar… Imossssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssss

 




A obra foi levada ao cine por Jaime Chávarri nunha versión que non ten desperdicio. Bota unha ollada.


Neste clube,  literatura e cine van da man!

Tal como fixeron no primeiro trimestre, o club de lectura comandado por Hortensia Román quere recomendar as lecturas preferidas de cada un deles. Ademais das lecturas en común, daquela, fixeron lecturas individuais que se transformaron en compartidas. Este foi o resultado:

O club de lectura comandado por Hortensia non para de ler. Este último mes compartiron unha obra de teatro ben divertida: Cuatro corazones con freno y marcha atrás de Enrique Jardiel Poncela, publicado por Vicens Vices, un libro que foi do agrado de todos os compoñentes do club. Aquí están:



Hoxe tócanos falar dun libro que non fixo tilín. Para que non digades … xa vedes que somos críticos. ..


A lectura en cuestión foi  Xogo Sucio de Manuel de Pedrolo.. A novela presentaba unha trama que inicialmente enganchaba, pero os alumnos ao final non foron seducidos pola historia de Xavier e a mala malona  de Xuna.

Como non tiñamos moito bo que decir desta noveliña, decidimos poner unha nota de humor e xogar limpamente a ser actores dunha película desas de polis e cacos al estilo de Xogo sucio. Por suposto,  nós  fixemos de polis buenos.









Estas semanas de xaneiro andamos enleados coa celebración do Día da Paz. O club de lectura "Gozando no Laxeiro" non quixo ser mendos e acometeron lecturas diferentes con principios diferentes: desta volta escolleron catro álbums ilustrados que catro alumnos leron en alto para promover logo un debate entre os compañeiros e compañeiras. Tan bo resultado deu a experiencia que en marzo vano facer con álbums pola Igualdade.

Hoxe, na Voz de Galicia, recollen unha parte do noso traballo cotián: falamos de igualdade da muller a través dos clubs de lectura. Aquí está unha parte das integrantes deste ano e dos outros anos do IES Pintor Colmeiro. Mozos e mozas que teñen postas as súas gafas violeta e que saben rexeitar actitudes machistas.



http://www.lavozdegalicia.es/noticia/extravoz/2015/01/30/span-langglconecemos-rapazas-as-controlan-polo-whatsappspan/00031422629763250512507.htm

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio