Blogger Template by Blogcrowds.


Porque tamén hai que celebrar o amor....





Co club de lecturas ilustradas volvemos a abordar o tema nazi coa lectura deste imprescindible publicado por Barbara Fiore: Fuera de juego fala de Matthias Sindelar, un futbolista austríaco que se atreveu a dicir "non" a aquilo que lle parecía inxusto e que cos seus goles e a súa actitude manifestou o seu rexeitamento a un réxime político baseado na destrución daqueles que pensaban diferente; o seu valor custoulles a vida, porque os inimigos da liberdade no poden soportar a quen se lles enfronta, pero o seu recorde seguiu presente en quen o coñeceu; un heroe case anónimo que nos dá unha lección de vida.



No club de lecturas ilustradas combinamos os álbums ilustrados coa lectura de obras de teatro curtas. Desta volta tocuoulle a esta obriña titulada El oculista de la vista,


Unha obra que mostra as confusións que poden chegar a existir por mor dunha persoa que fala e confunde todo, incluídos os que están ao seu carón.



Ao longo deste primeiro trimestre o alumnado de primeiro de ESO que forma parte do club de lectura Científico estivo lendo o libro “EXO: A bioloxía nunca fora tan sexy” da editorial La Galera.
Nel descríbese a historia de Ziggy Stardust, un rapaz adolescente pertencente ó planeta Krokus e que, tras gañar un concurso de ciencias, obtén como premio unha viaxe ao planeta Terra no cal terá que realizar unha misión secreta.
Durante a súa estancia neste planeta, Ziggy descubre que o ser humano está acabando co mesmo: contaminación, efecto invernadoiro, cambio climático,  eliminación da cuberta vexetal, exceso de capturas animais... pero tamén decátase de que hai avances que benefician a sociedade e que existen persoas como a súa amiga Eva que loitan para que a Terra sexa un lugar máis confortable para vivir.

Será capaz de completar a misión que tiña encomendada?

Durante as sesións nas que estivemos comentando diversos fragmentos do libro, o alumnado tamén puido descubrir termos tan descoñecidos para eles como clonación, alimentos transxénicos, xene, proxecto xenoma humano... debater sobre os mesmos así como realizar aportacións sobre o que eles coñecían ou tiñan curiosidade por saber.
Ademais, xa que Ziggy era un gran admirador de certos grupos de música que existían na Terra, algunha das sesións foi amenizada con documentos sonoros dos mesmos.
Para mostra, un botón (botóns que certamente eran descoñecidos polo alumnado):




No club de lecturas ilustradas fomos un paso máis alá este primeiro trimestre combinando a lectura deste libro que conta con varias ilustracións cos álbums ilustrados. Levounos moito tempo, debido precisamente ao tipo de alumnado que temos nun dos grupos, pero a lectura resultou satisfactoria. Hai que dicir que faciámola en voz alta e todos xuntos para facilitar o achegamento ao texto. Pero foi unha experiencia moi interesante que rematou co visionado da película para na última reunión falarmos das diferenzas que existen entre ler un libro e ver un filme. Algo novo para eles, posto que nunca viran unha película despois de ler o libro correspondente.
Por suposto, lemos a versión en lingua galega que esta editorial nos ofrece na súa colección "Cucaina".




Jordi Sierra introdúcenos nun mundo oculto, ese que ás veces non sabemos ou non queremos ver.

O club de lectura de poesía estivo a ler esta obra de Raúl Vacas para logo convertérense en poetas.


Aquí deitamos uns poucos dos resultados:

Llego a clase tarde
cojo los libros
y velo los niños.
La profesora me riñe
hago los ejercicios
y me como un bocadillo.              (Marcos Doval)

El frío invernal
yo metido en un berejenal
después de haber chocado
los pitufos me han multado
y aquí me encuentro yo
flipando con lo que me rodea
deseando ser absuelto
tras hacer algo que petardea            (Santomé)

En clase durmiendo
sueño con angelitos
ovejas, cabras y
corderitos, me despierto,
veo encerrados, ejercicios
y un profesor riñendo
a los niños                                       (Tomás Viana)


O primeiro libro que escollemos para ler no Club de Lectura Matemática este primeiro trimestre foi El diablo de los números, porque traballamos a Aritmética no primeiro trimestre dentro da programación oficial de 4º de ESO, e este libro está relacionado xa que fala de curiosidades dos números como tales. A lectura facémola entre todos e todas unha vez á semana, a medida que avanzamos imos realizando as oportunas explicacións.



A lectura deste mes con este álbum ilustrado serviu para sabermos algo máis sobre a Segunda Guerra Mundial, o nazismo e o Holocausto.

Un álbum absolutamente desolador pero que gustou porque Erika conta orgullosa a proeza dos seus pais por salvala, por iso cre que no ceo as estrelas son a imaxe da valentía dos seus pais.

O álbum está publicado por Kalandraka e conta coas impresionantes ilustracións de Roberto Innocenti e texto de Ruth Vander Zee.

Un recurso máis aprendermos mentres lemos!

Un dos éxitos de lectura do curso, un libro que chega ao corazón e que ligaremos co último libro do curso.





O primeiro libro ao que se achegou o Club poético foron as Rimas de Bécquer. Logo de lelas, comprendelas e amalas, decidiron asolagar o Twitter da biblioteca cos seus versos. 




Algúns exemplos:


Escollín estes versos porque representan unha situación real e decepcionante:



Escogí esta porque me encantó y me llegó dentro desde el principio sin saber por que:

Escollín este poema porque é un dos que máis me chamou a atención e gustoume:


Escogí estos versos ya que a veces creemos conocer a personas que en realidad no conocemos:

A primeira lectura que abordamos foi esta obriña de teatro que adaptamos á nosa lingua, baseada na obra de Hugo Marcos, Mi mujer es el fontanero. Tentaremos combinar a lectura dos álbums ilustrados con obras curtas de teatro, para ir mellorando en comprensión lectora e axilidade.


O primeiro álbum ilustrado que lemos cos dous clubs de lectura de alumnos de 1º de ESO e de 2º de FP Básica foi este Guernica publicado por Kalandraka que conta cun texto de Heliane Bernard e as ilsutracións de Olivier Charpentier.
O libro serviunos de base para falarmos da crueldade da Guerra Civil e introducir esta época histórica.





Primeiro libro escollido pola profesora Sara Castro para comezar o curso lector co seu club de lectura. Un libro que fala dun  enigma que, despois de catro anos sen se resolver, vaise ver sacudido por novas claves.






Despedímonos por este curso. Parecía mentira cando empezamos,  pero fomos quen de gozar e compartir  con moitas lecturas. Para todos nós era unha viaxe nova, e incluso sabemos que algúns pensaban que os alumnos de diversificación non eramos bos candidatos para esta viaxe.  Seguro que agora xa perderon ese prexuízo, somos tan lectores coma calquera e este club é a proba.
            Lemos e seguiremos lendo. Agora temos un criterio propio e ata nos atrevemos a recomendar lecturas: mirade na nosa bolsa de libros que seguro que temos algo para vós. Porque estas bolsas que hoxe portamos non son só unha obra de arte senón que achegan novas aventuras e desafíos para pasar o verán. Grazas aos rapaces de 1º da ESO polo magnífico traballo realizado decorándoas. Se queres unha, pasa pola nosa biblioteca: regálanse a todos os que buscamos libros emocionantes para o verán.
Pasade un bo verán acompañados sempre dunha boa lectura!

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio