Xa que todo o centro andaba a ler os libros de LEdicia Costas, o noso club de lectura non quixo ser menos. O libro encantounos!
Este libro convocou a varios clubs o mesmo día arredor dunha autora, xa que tivemos a sorte de que viñese ao noso centro. Así, arredor dela, estabamos o Club de LEctura pola Igualdade de 3º de ESO, o Club de Lectura "Lois Pereiro" de 4º de ESO e o club de lectura feminista de 1º de Bacharelato.
A nova foi recollida no blogue da biblioteca.
Opinión dunha alumna: “Este libro encantoume porque mostra como as mulleres nos deixamos levar
por aquelas tradicións de toda a vida e que fan que a muller amose un segundo
posto na sociedade, e tamén repara na ausencia de cambio por parte de todos
dende o que fai que esas tradicións se leven acabo (os avós) ata nós.”
Curioso isto dos gustos. Este libro, aposta real da profesora, non gustou nada. E iso que nos consta que é un libro que adoita gustar. Pero desta volta non acertamos con este noso club.
Este libro convocou a varios clubs o mesmo día arredor dunha autora, xa que tivemos a sorte de que viñese ao noso centro. Así, arredor dela, estabamos o Club de LEctura pola Igualdade de 3º de ESO, o Club de Lectura "Lois Pereiro" de 4º de ESO e o club de lectura feminista de 1º de Bacharelato.
Foi un pracer coñecer a autora e que nos contase o proceso de creación dos seus libros, dos dous, e que xa hai un terceiro en marcha.
Recollémolo no blogue da biblioteca.
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)