Blogger Template by Blogcrowds.

 Aínda que estamos en FP Básica, tamén lemos. Todos xuntos e poñendo voces, que é máis divertido:





 En 2º de ESO (todo o alumnado era de 2º de ESO - C) tivemos a sorte de contar con Margarita para lermos matemáticas dun xeito lúdico. Ben, non falamos só de mates, senón de ciencia en xeral. E lemos, vaia se lemos!







 No primeiro trimestre lemos un clásico como "Rubaiyat" de Omar Jayyam, publicado por Reino de Cordelia, textos poéticos sobre a ciencia, o coñecemento, a moral, a relixión, a nostalxia, a felicidade...



No segundo trimestre lemos "Persuasión" de Jane Austen





E tamén "Nobles y rebeldes":


 

Nesta novela, Jessica cóntanos a historia da súa vida (da infancia e da xuventude). Aquí explícanos como era a súa familia, dicindo que era unha familia moi pouco convencional por ter o pensamente de que as mulleres non se lles debería de levar a escola e só necesitaban recibir algunhas clases de diferentes actividades (sin ser educativos como se daba no colexio). 

Nárranos como é a vida case encerrada na casa sen relación aparente con ningunha outra rapaza, como a educaba súa nai ao principio da súa vida e como despois ían institutrices á súa casa. A protagonista, xa que non lle gustaba a súa vida coa súa familia, decidíu abandoar e irse cara a España de moi cativa coa súa parella.  Despois duns anos, voltou a súa casa e veuse sumerxida nunha chea de recordos da súa infancia.

A historia está chea de matices humoríticos e satíricos, os cales fan que os lectores se acheguen a seguir lendo. Un tema que me fixo sobresaltar foi a ignorancia e frivolidade de Jessica xa que me pareceu moi inxenua e como consecuencia daba pasos en falso.

En cambio, o libro é moi apaixoado e fai que non queiras parar de ler, xa que fai que viaxes tempo atrás, situándote na época dos trinta. Vívise como moita exaltación os acontecementos que narra a autora sobre esa época e iso é un gran traballo e un gran mérito dela.


 

"La hija de la criada"
 


 

 

A difícil elección entre o amor e o sentido do deber, entre a amizade e as convencións sociais nas áridas chairas de  Suráfrica. Corre o ano de 1919.  Cathleen trasládase a  Suráfrica, ao duro e  desértico  Karoo, para casar co seu prometido ao que non viu en cinco anos. Pero o matrimonio non vai resultar como soñara. Illada nunha contorna  inhóspita, Cathleen atopa consolo en escribir o seu diario e en criar aos seus dous fillos,  Philip e Rose. Tamén a Ada, a filla da súa criada, á que ensina a ler e a tocar o piano, a amar a  Chopin.

Todo se verá alterado cando Ada descobre que está embarazada, que espera un fillo  mulato nun país que non admite as relacións entre brancos e negros. Ada escápase ao sentir que traizoou a  Cathleen. Desprezada e marxinada por ambas as comunidades, ten que loitar pola súa supervivencia e a da súa filla. A música, e  Cathleen, serán os seus refuxios.

La hija de la criada é unha emotiva novela, cargada de sentimentos, que retrata con fondo detalle o drama e a desolación de dúas mulleres de implacable valor cuxa profunda amizade lévalles a superar as inhumanas convencións sociais dunha época e os perigosos límites da segregación. Unha historia que nos ensina que máis aló da crueldade humana perdura o amor e a esperanza.

Encantoume! Fálanos da forza da muller, das diferenzas e separacións que pode chegar a crear a sociedade por mor da cor da pel. A música asolaga cada páxina. Tenra, emotiva e chea de mensaxes.


"O asasino que hai en min":





 

 

O tatuador de Auschwitz:

 


 

 A historia sitúase na Segunda Guerra Mundial e todo comeza cando Lale viaxa nun vagón de tren por Polonia rodeado doutros homes que tampouco saben cando van alcanzar o seu destino. Despois de varios días chegan ao campo de concentración onde lle arrebatan todas as súas pertenzas e mesmo a identidade, porque pasan a ser coñecidos cpo un número gravado na pel.

Lale conseguiu un posto como tatuador que lle outorgaba certos privilexios. Coñece a Gita, unha moza da cal namora e os seus encontros dábanlle esperanza para saír de alí. Ven como centos de compañeiros desaparecen sen explicación. Tras varios anos de sufrimento conseguen fuxir.

Gústame a historia de amor porque transmite que o amor pode nacer en lugares moi escuros e tristes e que dá motivos para non se render. Unha novela que se vén de converter nunha das miñas favoritas poque o autore é capaz de describir as sensacións e fai que o lectorado sexa un preso máis do exército alemán. Unha historia tremendamente conmovedora e dura que me fixo chorar e reflexionar sobre o privilexiada que son e a sorte que teño de non que vivir situacións coma esa.



 Os clubs de lectura de 3º e de 4º de ESO tiveron lecturas, ás veces, comúns e outras veces separadas, segundo os títulos. Tamén, dependendo do número de exemplares, podían coincidir ou non os encontros dos membros.

Por exemplo, o primeiro libro que lemos nos dous clubs de lectura foi

El monstruo de ojos verdes

Un libro que nos encantou e que nos abriu os ollos sobre os malos tratos familiares e a violencia de xénero na casa. Esta reunión foi conxunta.

 




O segundo que lemos tamén conxuntamente

Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas.

Con este libro tivemos moita sorte porque tivemos un encontro coas autoras, por iso puidemos xuntar asemade os dous clubs de lectura, o de 3º e o de 4º





O club de lectura de 4º de ESO leu despois Ladydi, un libro emocionante de seu.



O libro para nos introducir na poesía foi tamén en ambos clubs

Coraxe. Poemas audaces para rapazas afoutas


Un libro que deu moito de si na reunión posterior, xa que moitas das rapazas e dos rapaces involucrados nunca leran un libro enteiro de poesía, e a pesar do seu evidente esforzo, saíron conclusións preciosas, tanto que ata nos puxeron a pel de galiño pola análise e as conclusións que tiraron da lectura.

En 4º, pola contra, lemos, Campo de plumas:




Outro encontro co autor por parte dos dous clubs: Identidade.





Logo,

Anne, a das tellas verdes

 


 

un libro que non gustou nadiña. Vimos tamén a serie en Netflix para comparar, e saíu gañando esta con moita diferenza.



Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio