Blogger Template by Blogcrowds.

 Un ano máis, procuramos achegarnos aos clásicos.

Os libros lidos: 


 "Un cuarto de seu"

 Booktuber de "Un cuarto de seu" de Virginia Woolf, realizado por Aitana Aller





 Booktuber de "Aventuras de Arthur Gordon Pym" de Edgar Allan Poe, realizado por Sandra García Cagide



Booktuber de "Señora Dalloway" de Virginia Woolf,  realizado por Sandra García Cagide



Booktuber de "Orgullo y prejuicio" de Jane Auste, realizado por Sandra García Cagide



Booktuber de ""Las mujeres sabias" de Molière, realizado por Sandra García Cagide



 Un club de lectura creado para alumnado con certas dificultades e poucos anceios que foi medrando con diferentes éxitos, xa que non é ouro todo o que reloce. Tentamos que todos participasen (todos eles varóns) e non sempe conseguimos a mesma participación. Aínda así, con variabilidade, as lecturas foron:

Alumnado coordinado por Ester Fernández:

A Lola

Bajarse al moro

La ratonera


 


O derradeiro verán: este tiveron que deixalo porque non lles enganchou


 

Alumnado coordinado por Sara Castro:

Os golfiños e o xigante:




Fábula galénica:




Sabor a chocolate:




La piel de la memoria:



 Este ano estamos moi orgullosas deste club porque... hai futuro!!!

Un grupiño de alumnas e alumnos con moitísimo interese que demandaron moitas lecturas e eran ávidas mulleres empoderadas á hora de falar dos nosos temas.

Un resumo dos libros que leron é o seguinte vídeo que realizaron con motivo do 8 de marzo:





Despois desta data seguimos lendo. Un dos libros que lemos foi "25N", un libro que nos gustou moito, xa que nel atopamos poemas, ilustracións...

Asemade, algunhas das integrantes pediron ler libros diferentes para recomendar entre elas:

"Si es amor, no duele"


 

Este libro pode axudarnos a recoñecer unha relación tóxica. É importante saber que alguén nos quere, non cometer o erro de que nos fagan dano repetidas veces; as palabras ás veces doen máis ca os golpes. Hai comportamentos que quizais non percibimos facilmente para comprender o dano que nos fan.

Grazas á información que nos aportan libros coma este, coido que se darán cada vez menos situacións semellantes e será pouco a pouco unha sociedade máis sa.

 

"Ladydi"


 

É terrible que no mundo no que vivimos sigan ocorrendo cousas coma polas que tivo que pasar e sufrir a protagonista, ou tantas inxustizas. Este libro amósanos unha realidade que non acostumamos ver nos medios de comunicación, pero que deberiamos coñecer. Agardamos que  chegue o día  no que se tomen medidas contra este tipo de situacións e que ningunha muller teña que sufrir por feitos así.


"Palabras envelenadas"


 

Esta novela fala sobre o abuso sexual a menores. Unha historia arrepiante que pode ser totalmente real. O abuso sexual familiar é deleznable, e moistas veces xs menores que o sofren senten máis medo de dununcialo, e deberiamos constituír unha sociedade na que isto non pasase.


"Sandra ama a Meike"


 

Unha historia fermosa sobre dúas mozas namoradas. Pero tamén fala da homofobia, probleme grave presente na nosa sociedade. Todas e todos temos dereito de namorar de quen sexa, sen medo a que nos discriminen ou que nos faltan ao respecto. O amor é amor, dá igual se son do mesmo sexo ou non. Debemos conseguir que no futuro non exista a homofobia.


"Tío, cállate"


 

Este libro fala da situación que sufrimos as mulleres. Escrita dun xeito moi próximo ao lectorado, resulta doado de comprender. Grazas a este manual percateime de situacións reais na que nunca antes reparara, aprendín cousas novas e reforcei coñecementos. Tamén me ensinou ideas moi interesantes prar responder de forma enxeñosa e argumentada a comentarios machistas, algo que oímos constantemente. Sentinme identificada na súa lectura e fíxome ver que non estamos soas na nosa loita feminista e que todas temos que somos soportar comentarios machistas de xeito cotiá.

 Un curso complicado, non podía ser doutro xeito, porque falamos de 2º de Bacharelato. As reunións foron máis escasas do que pretendiamos nun principio por mor dos exames e da presión das notas, pero aínda así lemos, claro que lemos, como se reflicte neste vídeo:





A este club xa veterano engadíronse alumnas de 1º de Bacharelato que amosasron moito interese polo tema.

Un curso máis, e xa van catro,, un grupo de alumnado de 1º da ESO, baixo a dirección de Beatriz Boán Fernández, leron sobre e arredor das Matemáticas. Aínda que a súa profesora non está moi  contenta porque este curso foi moi pouco numeroso, estamos satisfeitas de mantelo a pesar das dificultades deste curso coa pandemia que sufrimos. Reunínanse nun recreo e o non daba para moito, xa que os recreos de 1º de ESO son tan só de 20 minutos. A profesora decidiu repartir por páxinas os libros e as reunións, polo que conseguiron ler un libro por avaliación. Todos os títulos xa se leran o curso pasado.


El asesinato de profesor de matemáticas




 Los diez magníficos 






 Tres catorce dezaseis


Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio