Blogger Template by Blogcrowds.

 Un ano máis, procuramos achegarnos aos clásicos, aínda que este curso pretendemos variar un pouco as maneiras e lemos uns libros un tanto diferentes e menos clásicos. Lemos un por trimestre, xa que son libros consistentes e non dá tempo para máis.

14 alumnas, das cales 4 son mozos.




Una odisea. Un xeito de ler A Odisea sen lela pero léndoa e entendéndoa.





El infinito en un junco



Durante a pandemia lemos e tivemos un encontro virtual

A señora  Dalloway


Un novo cambio este curso veu dado pola participación da profesora Ester Fernández, quen aproveitou un alumnado de FPBásico receptivo para ler teatro canda eles. 11 alumnos, todos homes, que dramatizaron e leron con gusto catro obras.

A Lola





Na miña alma ouvea un lobo





La ratonera






Bajarse al moro



Botamos a andar este curso un novo (vello) club aproveitando a existencia do Club de Ciencia a cargo de Concepción Villar Moure (quen se incorpora por vez primeira na paixón lectora), quen xa traballara o curso pasado cun grupo de alumnado que participara na semana STEM. 4 nenos e 7 nenas que proseguen coa súa paixón científica.



Mapa ecosocial de Galicia









Los asombrosos trabajos del planeta Tierra





Cambio climático






Por terceiro ano consecutivo, un grupo de alumnado de 1º da ESO, baixo a dirección de Beatriz Boán Fernández, leron sobre e arredor das Matemáticas. Este curso foron tres os libros elixidos, dous que xa se leran en anos anteriores e un terceiro que se aproveitou tan pronto se publicou polo acaído do tema, e porque está en galego.



El asesinato de profesor de matemáticas




 Los diez magníficos 






 Tres catorce dezaseis


Como cada ano, intentamos que o alumnado de 2º de ESO comece a precuparse polos dereitos da muller e do grupo LGTBI, e cada ano sorpréndenos a boa acollida deste club, que  aínda que está a comezar a dar os seus primeiros pasos neste tema, sempre hai algunha alumna máis comprometida que sabe como tirar das demais. Por primeira vez tivemos algúns nenos, 5 das 24, éxito que imos colleitando aos poucos.
Coma sempre, comezamos cun par de álbums ilustrados no mes de outubro e con algúns libros que xa son clásicos deste club e deste nivel ;  aproveitamos asemade o seu número de exemplares doutros cursos pasados.

OUTUBRO:

As mulleres e os homes





Me llamo Pecas


  NOVEMBRO:

O diario violeta de Carlota





DECEMBRO

Feminismo para principiantes




 

XANEIRO: 

 Moxie









FEBREIRO:

Mamá, quiero ser feminista




MARZO:


Vendida


Un libro que tenta abrirnos os ollos á desigualdade entre homes e mulleres na India, un país onde as mulleres non son valoradas. E que ao mesmo tempo axuda a valorar precisamente todo canto temos aquí, coas súas eivas e as súas dificultades. Xa non tivemos club de lectura presencial polas circunstancias, pero algunhas das persoas puidemos reunirnos telematicamente e comentaron o moito que lles gustara este libro.



Moi orgullosas estamos deste club de lectura que comezou en 3º de ESO como un club de nenas ávidas de ler e de formarse e que co paso do tempo veñen de converterse nun referente no centro, un grupo que non só se xunta para ler e para falar do lido senón que se forma ininterrumpidamente en igualdade e en dereitos LGTBI e que son o grupo que mira para que no instituto non haxa discriminacións de ningún tipo. Conseguen sorprenderme a cotío coa súa formación e coas súas lecturas. Para o curso próximo, que estarán en 2º de Bacharelato, propuxeron elas mesmas, sabendo do pouco tempo que van ter, seguir xuntándonos os luns e falar dalgunha serie baseada nos libros e que traballe estes temas. 
Este curso pediron formarse con libros que non fosen ficción. Así que lemos 

 Como se fai unha rapaza





 Reflexiones para callar a machistas de bar





No manipuleis el feminismo






El proxeneta


O club de lectura de 3º de ESO non foi tan numeroso como nun principio cremos, aínda que xa comezara a súa andaina o curso pasado. A maior parte das veces lemos lecturas en común co club de lectura pola igualdade de 4º de ESO para axilizar tempos, sobre todo cando prevemos a pouca asistencia por algún motivo, ben sexa porque nos avisan ben sexa por algunha viaxe do centro, como sucedeu co intercambio de Alemaña e de Francia. Porén, non sempre lemos os mesmos libros porque algúns deles xa os leran o curso pasado o alumnado que agora está en 4º.
Isto sucedeu por exemplo con
 
La chica miedosa que fingía ser valiente


que lemos nos mes de OUTUBRO.

Ou con

Como tú: 20 relatos + 20 ilustraciones por la igualdad






Interesante libro de doada lectura xa que é un monllo de relatos ilustrados comprometidos coa igualdade que lemos no mes de FEBREIRO.

Un pequeno grupo de nenas de 4º da ESO pediron tamén elas ter club de lectura, unha nova que nos encheu de ledicia porque nun principio non contabamos con ninguén deste nivel. Xuntouse normalmente co grupo de lectura de 3º de ESO pola igualdade, aínda que nalgunha ocasión viñeron canda o grupo de 1º de Bacharelato.


 NOVEMBRO:

22 segundos

 



XANEIRO:

Memoria do silencio





Tres mulleres de Ribadavia que salvaron da morte nazista a xudeus e xudías; unha historia oculta porque a heroicidade mídese pola humildade, e Eva Mejuto decide darlles voz para sacalas do seu silencio e concederlles parte do valor que merecen. Xunto a elas, a novela presenta máis voces, da que nos intereserá  a voz dunha moza xudía que se salva da morte para amar a música sobre todo. Si, son as voces femininas as que destacan no libro, outorgándolles a autora o dereito a ser elas na ficción mesturada con doses de realidade. Unha ficción que nos lembra o terror da época, en Europa e en España.
Un libro que gustou moito  e deu para falar non só de igualdade senón do terror do fascismo e alertar sobre o que pode volver a pasar se non paramos correntes actuais que pretenden que retrocedamos nos nosos dereitos.

MARZO:

Xa non estou aquí

 

Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio