Con el, podemos saber o que supuxeron e supoñen as reivindicacións feministas e as mulleres que as fixeron posible e que nos levaron ata onde estamos, explicando mesmo cuestións tan básicas como que é o feminismo ou o que este ofrece á sociedade; é un texto sinxelo e divulgativo, pero é un texto de acollida, de iniciación para logo achegarnos a outros textos. Sobre todo, entender que estamos onde estamos grazas a tres séculos de loita e que moito lle debemos a quen estivo aí detrás e que, cando menos, debemos coñecer. A loita do feminismo contra un patriarcado que semella invencible (e invisible) segue, e libros coma este son imprescindibles.
Último libro deste curso, con el despedimos o noso club de lectura, un club que serviu para afianzar o noso gusto pola lectura e para mellorar no noso nivel de lectoescritura. Estamos satisfeitos co resultado, xa que este alumnado, que en principio non amosaba gran interese pola lectura, agora sente que se achega a ela sen medo e con máis ganas. De feito, sabemos que van coller libros para ler no verán, algo que anteriormente non sucedía. Por tanto, obxectivo cumprido!!!
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 3º ESO, Curso 2017-2018
Para aproximarnos a outras realidades, lemos este libro.
Un libro que tenta abrirnos os ollos á desigualdade entre homes e mulleres na India, un país onde as mulleres non son valoradas. E que ao mesmo tempo axuda a valorar precisamente todo canto temos aquí, coas súas eivas e as súas dificultades.
Etiquetas: Club de lectura pola Igualdade de 2º ESO
Etiquetas: Club de lectura Matemática de 1º ESO, Curso 2017-2018, Reunión
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio