O luns 30 de xaneiro, un grupo
de alumnas e alumnos de 1º da ESO reuníronse no salón de actos do noso IES para
compartir un xantar e unhas reflexións arredor dun libro. Neste caso o libro
escollido foi Tres espejos: Luna y Espada
de Sebastián Hugo Vargas.
Esta novela podía lerse de dúas
maneiras diferentes: por unha banda ler a historia de Yue (Luna) e por outra a
de Jian (Espada), dous mozos namorados que teñen que separarse por culpa da
guerra pero que prometen reencontrarse na festa dos farois. Cada un deles sofre unha serie de
contratempos e aventuras que os levará a tardar moito tempo en atoparse. Outra
das maneiras de ler o libro é ir alternando por capítulos a versión de cada un
deles e así poder ver o que están a sufrir os dous protagonistas ao mesmo
tempo.
A conclusión sacada desta xuntanza é
que ás alumnas lles gustou máis a versión de Luna (máis romántica e sensible) e
aos alumnos a de Espada (máis aventureira e arriscada). Aínda así, todos
concordaron en que é unha historia de amor fermosa, un amor igualitario onde
ámbolos dous namorados fan o imposible por atopárense de novo.
Aproveitando tamén o número de exemplares deste libro, mercado hai anos para un antigo club de lectura, quixemos falar da crise económica a través da novela negra.
Este libro non
lles gustou demasiado porque lles
pareceu que con tantos personaxes estranxeiros levaban a confusión o que lles
provocaba ter que ler e reler constantemente, ademais a temática pareceulles
pouco atractiva para a súa idade.
Comentario dunha alumna: “Non é un libro que me gustase moito xa que
non alcanzou todas as miñas expectativas pero pareceme que describe moi ben a
situación de Grecia naquela época e que segue tendo agora e ensina como abandonan
os seus prototipos.”
Etiquetas: 4º ESO, Club de lectura “Lois Pereiro”, Crise económica, Opinión dun libro, Reunión
Sabiamos que este libro é un deses que non defraudan, que axuda a crear lectorado. E así foi. Despois de ler "Un monstro vén a verme" decidímonos por este, que sempre deita un bo sabor de boca. E así foi.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 2º ESO, En lingua galega, Reunión
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)