No club de lecturas científicas achegámonos a este libro que fomos lendo nas reunións para ilo comentando, dado o tema a tratar. É unha guía para comezar a adolescencia, que conta con información precisa e experta que ofrecen consellos. Aínda que algúns temas a tratar semellan obvios ou xa están superados -ou iso cremos- resultou ser unha lectura moi práctica que nos introduciu no noso propio mundo.
Etiquetas: Adolescencia, Club de lectura Científico
No trimestre negro do instituto non podiamos ser menos, e achegámonos a este libro dun galego, Miguel Anxo Fernández.
Etiquetas: Club de Sara Castro
Este mes seguimos coas lecturas pola Igualdade. Esta é unha historia sobre unha tribo moi singular onde as bonobas andan ocupadísimas para que eles coman e pasen o día sen nada que facer. Tanto traballaban que non tiñan dereito a aprender... o que aprendían con só escoitar. Pero, iso si, sen dereitos. E como todo cansa, as bonobas decidiron reberlarse e cambiar de vida.
Un álbum que constiúe un fermoso alegato reivindicativo do papel
loitador da muller, superando unha sociedade machista que establece
límites absurdos sobre os roles de ambos sexos: unha socidade machista
que se permite establecer o destino de cadaquén sen preguntar nin
respectar.
E seguimos! É o turno de:
Agora máis ca nunca volvemos ter unha educación machista e rosa, unha volta atrás a etapas que as mulleres criamos superadas. Non só a publicidade, senón a política, a sociedade actual, volve a tinguirnos de rosa, a desexarnos un só futuro: amas de casa e princesas. Por iso libros coma este son tan necesarios.
Porque semella que a involución que estamos a sufrir non importa a ninguén. Inculcar ás nenas que deben coidar do fogar e da súa figura, esquecéndose de toda forma de emancipación, é arestora algo natural. Os xoguetes son rosas. A roupa é rosa. O pensamento é rosa... E hai miles de libros de cor rosa. E esta tonalidade plantéxase como unha opción cando é unha imposición. Sen autonomía, dende o berce, as nenas son educadas e encamiñadas nun pensamento único e colonial.
Etiquetas: Álbums ilustrados, Club de lecturas ilustradas, En lingua galega
Etiquetas: Club de lectura Matemática
No mes de marzo, non podía ser doutro xeito, buscamos álbums sobre a igualdade. Por suposto, un dos escollidos non podía ser outro ca este, Mujeres de Isabel Ruíz, todo un descubrimento:
18 mulleres -difícil tivo de ser a escolla- que forman parte da historia por mérito propio e que moitas veces son esquecidas por seren, simplemente, mulleres: Hipatia, Concepción Arenal, Marie Curie, Florence Nightingale, María Montessori, Alice Guy-Blaché, Isadora Duncan, Virginia Woolf, Clara Campoamor, Amelia Mary Earhart, Margaret Bourke-White, Frida Kahlo, Hellen Keller, Dian Fossey, Rosa Parks, Gertrude Ederle, Irena Sendler e Miriam Makeba. Ou sexa, temos mulleres poetas, pintoras, científicas, políticas...
As
ilustracións van acompañadas dunha frase nas que falan de si mesmas, do
seu xeito de ver o mundo, da lección de vida que supón a súa propia
loita. Asemade, unhas notas biográficas para sabermos a quen temos en
cada páxina.
Un proxecto que loita por visibilizar aquelas que son invisibles nesta nosa sociedade patriarcal.
Etiquetas: Álbums ilustrados, Club de lecturas ilustradas
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)