O primeiro libro ao que se achegou o Club poético foron as Rimas de Bécquer. Logo de lelas, comprendelas e amalas, decidiron asolagar o Twitter da biblioteca cos seus versos.
Algúns exemplos:
Escollín estes versos porque representan unha situación real e decepcionante:
Escogí esta porque me encantó y me llegó dentro desde el principio sin saber por que:
Escollín este poema porque é un dos que máis me chamou a atención e gustoume:
Escogí estos versos ya que a veces creemos conocer a personas que en realidad no conocemos:
Etiquetas: Club de lectura poética
A primeira lectura que abordamos foi esta obriña de teatro que adaptamos á nosa lingua, baseada na obra de Hugo Marcos, Mi mujer es el fontanero. Tentaremos combinar a lectura dos álbums ilustrados con obras curtas de teatro, para ir mellorando en comprensión lectora e axilidade.
Etiquetas: Club de lecturas ilustradas, En lingua galega, Teatro
O primeiro álbum ilustrado que lemos cos dous clubs de lectura de alumnos de 1º de ESO e de 2º de FP Básica foi este Guernica publicado por Kalandraka que conta cun texto de Heliane Bernard e as ilsutracións de Olivier Charpentier.
O libro serviunos de base para falarmos da crueldade da Guerra Civil e introducir esta época histórica.
Etiquetas: Club de lecturas ilustradas, En lingua galega, Guerra Civil, Historia
Primeiro libro escollido pola profesora Sara Castro para comezar o curso lector co seu club de lectura. Un libro que fala dun enigma que, despois de catro anos sen se resolver, vaise ver sacudido por novas claves.
Etiquetas: Club de Sara Castro
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)