Blogger Template by Blogcrowds.




Las muñecas son para las niñas de Ludovic Flamant e Jean-Luc Englebert, publicado por Tramuntana, é un deses álbums imprescindibles cando falamos de igualdade. O título indícanos subrepticiamente de que vai, porque a onde quere chegar é a todo o contrario: o libro fala dos prexuízos que existen na sociedade, aquí identificados sobre todo co pai, aínda que tamén coa nai, sobre cales son os xoguetes que deben ter os nenos e cales non; por suposto, unha moneca non é para un neno, e sobrevoa esta denuncia no álbum. Un álbum que está contado polo irmán maior, o que lle aporta asemade un toque de orixinalidade.
Así que é un álbum ideal para educar en igualdade, para reflexionar sobre o triste feito de que entrar nunha xoguetería é entrar de cheo no mundo sexista que aínda está vixente. Ao seu carón, poderiamos falar doutros temas como as tarefas domésticas e as contradicións dos maiores.

A primeira reunión do CLUB DE LECTURA MATEMÁTICA DE 1º DE ESO xirou arredor deste libro que son pequenas historias sobre diferentes aspectos das Matemáticas: de onde apareceron os números, da serie de Fibonacci, sobre os fractais, etc. 



En xeral, o libro gustou. Dous nenos dixeron que eles preferían unha novela que libros deste tipo, así que o próximo será unha novela ben divertida!



Unha moza afouta que salvará ao Príncipe e loitará contra os dragóns.

Unha serea que non renunciará a quen ela é por nada, nin por amor.




Unha Cincenta que se indenpendiza e rexeita os zapatos altos con taco e príncipes, desconstrúe estereotipos e axuda a formar mozas decididas e independentes.







Unha Carapuchiña que se dedica a procurar flores moradas polo bosque e rise da broma que lle gastan a súa avoa e o lobo. Un xeito de deconstruír os contos clásicos e crear mozas intelixentes que rexeitan os roles e estereotipos.



 


Necesario é  falar de igualdade, de muller que non se somete ao home, de liberdade, de crer nunha mesma... un álbum que denuncia a discriminación e combate estereotipos que, desgrazadamente, inda existen. Todo isto se agocha tras estas dúas tartarugas chamadas Artur e Clementina que ideou Adela Turín hai máis de trinta anos e que está ilustrada por Nella Bosnia que publica Kalandraka. Un libro que non debe faltar nas escolas e nas casas para axudar nunha educación igualitaria que debe seguir cada día nunha loita continua, xa que a guerra non rematou nin está vencida.





Unha Bela que non se namora da Besta porque sabe que a auténtica fermosura está no interior das persoas.





Un relato que conta a historia dunha familia constituída por un rato que domina a muller; pero cando ocorre unha catástrofe é a femia quen dá a solución aos problemas, a que dirixe a situación e entón cando o lector ou a lectora comprende que o rato era puro fume; ou sexa, desvalorízase a figura paterna para pór en valor a materna. Unha vez máis, o libro serve para amosarnos a desigualdade existente na realización das tarefas domésticas e as responsabilidades da vida cotiá.

Rosa Caramelo




Agora máis ca nunca volvemos ter unha educación machista e rosa, unha volta atrás a etapas que as mulleres criamos superadas. Non só a publicidade, senón a política, a sociedade actual, volve a tinguirnos de rosa, a desexarnos un só futuro: amas de casa e princesas. Por iso libros coma este son tan necesarios.
Porque semella que a involución que estamos a sufrir non importa a ninguén. Inculcar ás nenas que deben coidar do fogar e da súa figura, esquecéndose de toda forma de emancipación, é arestora algo natural. Os xoguetes son rosas. A roupa é rosa. O pensamento é rosa... E hai miles de libros de cor rosa. E esta tonalidade plantéxase como unha opción cando é unha imposición. Sen autonomía, dende o berce, as nenas son educadas e encamiñadas nun pensamento único e colonial.

 Neste primeiro trimestre, no CLUB DE LECTURA POLA IGUALDADE DE 2º DE ESO, imos ler cada semana un álbum para logo comentalo. E comezamos con este:




Esta é unha historia sobre unha tribo moi singular onde as bonobas andan ocupadísimas para que eles coman e pasen o día sen nada que facer. Tanto traballaban que non tiñan dereito a aprender... o que aprendían con só escoitar. Pero, iso si, sen dereitos. E como todo cansa, as bonobas decidiron reberlarse e cambiar de vida.
Un álbum que constiúe un fermoso alegato reivindicativo do papel loitador da muller, superando unha sociedade machista que establece límites absurdos sobre os roles de ambos sexos: unha socidade machista que se permite establecer o destino de cadaquén sen preguntar nin respectar.

La ladrona de libros

O último libro foi escollido e pedido por parte das alumnas que conforman o club. E non defradou. Desta volta, volveu a gustar máis o libro có filme.


O achado do castro

Neste último mes, risos en forma de teatro. Imposible non divertirse con esta obra!


Bajarse al moro



Achegándonos ao mundo do narcotráfico... Unha obra de teatro para rematar o curso lector e compartir en voz alta personaxes e interpretacións.

La hija de la criada

O último libro interesounos por tocar o tema da muller e da raza.

Observación dunha alumna: “É un libro que destaca a importancia da cor da pel xa que amosa as diferenzas que existen na sociedade polo simple feito dunha distinta capa que nos envolve a cada unha das persoas que vivimos e saca a luz o mito da raza branca onde estes se cren superiores e pensan que os demais non serven para nada só son un atranco para a sociedade.”


Publicacións máis antigas